Dragon Ball Z

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Súper Guerreiro»)

Dragon Ball Z
{{{caption}}}
ドラゴンボールZ(ぜっと)
(Doragon Bōru Zetto)
XéneroShōnen
Anime Dragon Ball Z
Dirixido por Daisuke Nishi
Estudio {{{estudio}}}
Canle televisiva Fuji Television
Galicia Televisión de Galicia
Primeira emisión 26 de abril do 1989 - 31 de xaneiro do 1996
Galicia 16 de setembro de 1991 - ?[1]
Última emisión Galicia 12 de xullo do 2012 - 31 de xaneiro do 2013
Núm. de capítulos 291

Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ Doragon Bōru Zetto?), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z[2] ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei.

É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia. No 2005 reemitiuse na mesma canle, mais afirmou que sería a derradeira volta.

Argumento[editar | editar a fonte]

Dragón Ball Z comeza cinco anos máis tarde que Dragon Ball, despois de casaren Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopa-lo seu irmán, Son Goku. Foi así como Son Goku se decatou que vén dun planeta de guerreiros do espazo que foi derruído e do que só ficaron catro superviventes.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Para máis información sobre os personaxes ver o artigo Lista de personaxes de Dragon Ball

Protagonistas[editar | editar a fonte]

É o personaxe principal da serie e o loitador máis forte do universo. Malia ser inxenuo e bondadoso, é tamén un poderoso Saiyajin (Guerreiro do espazo) que case nunca entende da maldade dos outros. Ten unha grande predilección pola loita, coma tódolos guerreiros da súa raza, especialmente cando o seu adversario é máis forte. Casou con Chichi e teñen dous fillos: Son Gohanda e Son Goten.
É o primeiro fillo de Son Goku e mais Chichi. O seu nome ven polo avó adoptivo de Son Goku. Foi o primeiro cruzamento dun Saiyajin cun ser humano, o que resultou nun ser máis poderoso ca un Sayjajin normal. Salvou a Terra na loita contra Célula.
É un humano e tamén o mellor amigo de Son Goku. De cativo, adestrou canda Son Goku co Mestre Mutenroi. En Dragon Ball Z, Krilín foi de grande axuda, enfrontouse ós Saiyajins, Freezer e moitos outros. Creou a técnica Kienzan e casou con C-18.
É un Namekiano moi poderoso de liñaxe guerreira. Inicialmente inimigo de Son Goku, mais ós poucos acabase aliando a el, pasando ata a adestralo seu fillo Son Gohanda, na fase seguinte, por quen comeza a ter un grande afecto.
É o fillo do Rei Vexeta e Príncipe dos Guerreiros do espazo. O seu planeta natal é o Planeta Vexeta, destruído por Freezer cando Vexeta aínda era un neno. Dende aquela pasou a traballar para Freezer canda o seu titor, Nappa, e mailo saiyajin, irmán de Son Goku, Raditz. Malia a súa arrogancia, máis adiante confórmase con ter o planeta Terra como o seu lar. Casa con Bulma e xuntos teñen dous fillos: Bra e mais Toranks.
Este personaxe debe ser entendido como dous. O "Toranks do Futuro" vén dun futuro alternativo, para alertar sobre a ameaza dos androides, que tornaron o seu tempo un inferno. O seu mestre de loitas foi Son Gohanda, o único guerreiro vivo na súa liña temporal. O outro é o "Toranks do Presente", un neno de 8 anos e o mellor amigo de Son Goten. Diferentemente da súa contra-parte, el vive unha vida calma e divertida, en virtude de que os outros guerreiros están vivos na súa liña temporal.

Secundarios[editar | editar a fonte]

É a mellor amiga de Son Goku e mais filla do dono da Corporación Cápsula. É unha muller moi intelixente, mais considérase unha moza linda e fráxil. En Dragon Ball Z, Bulma ten maior participación na Saga de Freezer, mais, durante toda a serie, ela axuda a guerreiros coas súas invencións. Casa con Vexeta e teñen dous fillos, Toranks e mais Bra.
É un antigo ladrón que abandonou o crime para se xuntar con Son Goku en Dragon Ball. Yamcha adora loitar tanto como adora as mulleres. A súa participación limítase moito debido a forza dos novos inimigos.
Alumno de Tsuru, o rival de Mutenroi. Ten Shin Han andaba no camiño do mal ata coñecer a Son Goku. El é un humano de tres ollos e o mellor amigo de Chaoz.
É o mellor amigo de Ten Shin Han, tamén discípulo do Mestre Tsuru. Seguía os mesmos pasos maléficos do seu amigo, adestrando tanto para domina-lo mundo como para matar. É un personaxe feble, que acaba non acompañando o poder de loita dos outros guerreiros; porén, as súas técnicas de auto destrución poden causar grandes danos ó opoñente.
Foi o mestre de Son Goku, Krilín e mais Yamcha. Xubilado dende a aparición do Piccoro Daimaō, foi o humano máis poderoso do planeta. Creou a Kamehameha ou Onda Vital, o principal golpe de Son Goku. Malia non participar máis das loitas, os seus alumnos hónrano usando o seu uniforme de batalla xunto co símbolo.
É o deus da Terra e contra parte de Piccoro. É un namekiano que hai moito tempo foi mandado para a Terra, pois o seu planeta tiña problemas. Aló, el retirou de si toda a súa maldade, que se transformou en Piccoro Daimaō. Na Saga Célula, el fusiónase con Piccoro, volvendo á súa forma orixinal.
É un namekiano. Unha das calidades de Dende é a de poder sanda-las persoas e poder falar co dragón das sete bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohanda e mais Krilín, cando viaxan ó planeta Namek para atopa-las bólas do dragón dese planeta, mais durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención, e acaba morto polo mesmo Freezer. Tras ser resucitado múdase co seu pobo para o novo planeta Namek, mais tórnase o sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionase de novo con Piccoro.
É o segundo fillo de Son Goku e mais Chichi e o irmán máis novo de Son Gohanda. Imítaselle practicamente o pai, tanto en inocencia como no talento para a loita, Son Goten superou toda á súa familia, en termos de cando eran cativos. Gosta de trebellar co seu mellor amigo Toranks, e xuntos, pódense fusionar creando o guerreiro Songotoranks.

Antagonistas[editar | editar a fonte]

Foi o culpábel da destrución do Planeta Vexeta e tamén da exterminación dos Saiyajins pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyán. Na procura as bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase cos Guerreiros Z, mais ceiba a carraxe de Son Goku ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.
Creación suprema do Doutor Guero, Célula foi creado para absorber os androides C-17 e máis C-18 e tornarse un ser perfecto. Célula é constituído de células dos Guerreiros Z e mais de Fricer, podendo así utiliza-lo Kamehameha. El atinxe a súa meta ó supera-lo seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e a Toranks, mais é destruído polo Kamehameha Son Gohanda.
E un demo creado polo mago Bibidi que hai moito tempo devastou o universo, mais foi trancado nun casulo. Anos despois, o fillo de Bibidi, Babidi esperta a creación do seu pai. Boo ten aparencia fata, mais conseguiu derrota-los guerreiros e destruíla Terra. É morto por Son Goku coa Súper Genki Dama.

Episodios[editar | editar a fonte]

Dobraxe[editar | editar a fonte]

  • Estudio: CTV S.A. (Vigo)
  • Tradución: Miguel Vijande
  • Dirección: Antón Pazos
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū)
Narrador Jorge Pedrosa Jōji Yanami
Son Goku Julio Lorenzo (ep. 1 - 243) Masako Nozawa
Son Goku Antón Rubal (ep. 244 - 291) Masako Nozawa
Son Gohanda (Neno) Tonia Fuentes Masako Nozawa
Son Gohanda (Adulto) Iñaki Baliño Masako Nozawa
Vexeta Suso Álvarez Ryō Horikawa
Piccoro Coté Sansegundo Toshio Furukawa
Bulma Ana Lemos Hiromi Tsuru
Krilín Óscar Fernández Mayumi Tanaka
Mestre Mutenroi Antonio Durán Kōhei Miyauchi
Chichi Teresa Santamaría Mayumi Shō
Yamcha Alfonso Agra Tōru Furuya
Oolong Manuel Pombal Naoki Tatsuta
Puar María José Collazo Naoko Watanabe
Ox (Gyumao) Xosé Lois Daisuke Gōri
Tartaruga ? Daisuke Gōri
Ten Shin Han Antón Pazos Hirotaka Suzuoki
Chaoz Charo Martínez Hiroko Emori
Karín Bernardo Xosé Ichirō Nagai
Deus Santiago Pousa Takeshi Aono
Yajirobe Fernando Bustelo Mayumi Tanaka
Tou Pai Pai Xoán Diéguez Chikao Ōtsuka
Baba a vedoira Alicia Borrás Junpei Takiguchi
Señor Popo Paco Barreiro Toku Nishio
Sr. Popo Xoán Bravo (Subst.) Toku Nishio
Presentador do Gran Torneo Suso Pando Kenji Utsumi
Son Goten (Neno) Tonia Fuentes Masako Nozawa
Son Goten (Adulto) Norberto Vilanova Masako Nozawa
Toranks do Futuro Manuel Pombal Takeshi Kusao
Toranks (Neno) Helena Amoedo Takeshi Kusao
Toranks (Adulto) Nacho Castaño Takeshi Kusao
Dr. Brief Alfonso Agra Jōji Yanami
Dr. Brief Manuel Botana (Subst.) Jōji Yanami
Dr. Brief Bernardo Xosé (Subst.) Jōji Yanami
Nai de Bulma Beatriz García Mariko Mukai
Nai de Bulma Isabel Aguilera (Subst.) Mariko Mukai
Raditz Manuel Pombal Shigeru Chiba
Nappa Xoán Diéguez Shōzō Iizuka
Xuíz Yama Xosé Lois Daisuke Gōri
Bora Xoán Diéguez Banjō Ginga
Upa Nacho Castaño Mitsuko Horie
Rei Kaio do Norte Bernardo Xosé Jōji Yanami
Rei Kaio do Norte Xosé Ramón Lojo (dende o ep.51) Jōji Yanami
Dragón Shenron Paco Barreiro Kenji Utsumi
Kui Martín Mendizábal Kōji Totani
Freezer Gonzalo Faílde Ryūsei Nakao
Zarbon Iñaki Baliño Shō Hayami
Dodoria Xoán Bravo Yukitoshi Hori
Moori Xosé Ramón Lojo Kinpei Azusa
Dende Helena Amoedo Tomiko Suzuki
Nail Suso Pando Katsuji Mori
Gran Gurú Manuel Botana Junpei Takiguchi
Capitán Ginyu Paco Barreiro Hideyuki Hori
Jeice ? Kazumi Tanaka
Burter Santiago Pousa Yukimasa Kishino
Recoome Xoán Diéguez Kenji Utsumi
Guldo Martín Mendizábal Kōzō Shioya
Rei Vexeta Xoán Bravo Banjō Ginga
Bardock Julio Lorenzo Masako Nozawa
Maron Beatriz García Yūko Kobayashi
Garlic .Jr Martín Mendizábal Shigeru Chiba
Rei Cold Carlos Reborada Daisuke Gōri
C-20 (Dr. Gero) Mingos González Kōji Yada
C-19 Santiago Pousa Yukitoshi Hori
C-17 Miguel Vijande Shigeru Nakahara
C-18 Isabel Vallejo Miki Itō
C-18 Mara González (Subst.) Miki Itō
C-16 Carlos Reboreda Hikaru Midorikawa
C-16 Fernando Bustelo (Subst.) Hikaru Midorikawa
Célula Manuel Botana Norio Wakamoto
Señor Satán Santiago Pousa Daisuke Gōri
Paikuhan Xesús Iglesias Hikaru Midorikawa
Videl Montse Davila Yūko Minaguchi
Kaio Shin (Deus Neptuno) ? Yūji Mitsuya
Kibito ? Shin Aomori
Babidi Alfonso Agra Jōji Yanami
Dabla Mingos González Ryūzaburō Ōtomo
Pui pui Fernando Bustelo Tomohisa Asō
Buu gordo Xoán Carballido (Subst.) Kōzō Shioya
Buu Xoán Diéguez Kōzō Shioya
Antigo Rei Kaioh Shin Miguel López Varela Reizō Nomoto
Oob Alicia Taboada Megumi Urawa
  • Outros
▪ Aurora Maestre
▪ Xerome Calero

Filmes, Especiais TV e OVAs[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

Especiais TV[editar | editar a fonte]

OVAs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "G25". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 01 de decembro de 2010. 
  2. CRTVG (ed.). "Dragón Z na TVG". Consultado o 27 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]