Arvydas Macijauskas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arvydas Macijauskas
Información persoal
Nacemento 19 de xaneiro de 1980 (44 anos)
Unión Soviética Klaipėda, Unión Soviética
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
NBA Draft 2002 / Elección: Sen draftear
Carreira 1997–2010
Historial de equipos
Neptūnas Klaipėda (1997–1999)
Lietuvos rytas (1999–2003)
Baskonia (2003–2005)
New Orleans/Oklahoma City Hornets (2005–2006)
Olympiacos (2006–2008)

Arvydas Macijauskas, nado o 19 de xaneiro de 1980 en Klaipėda, é un ex xogador lituano de baloncesto profesional que xogaba na posición de escolta. É considerado un dos mellores baloncestistas lituanos dos anos 2000, conseguindo moitos galardóns individuais, de equipo e coa súa selección.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Macijauskas debutou coma profesional en 1996 co equipo da súa cidade natal, o Neptūnas, equipo no que xogou durante tres tempadas e onde acadou 12.7 puntos por encontro. Xogou as seguintes catro tempadas no Lietuvos rytas, onde gañou a liga lituana nos anos 2000 e 2002. Ademais foi elixido coma mellor xogador da liga nos anos 2002 e 2003. Na súa etapa no Lietuvos rytas, fixo 15.3 puntos en 143 partidos.

Macijauskas fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB para as dúas seguintes tempadas, onde conquistou a Copa do Rei en 2004. En 2005, Macijauskas asinou cos New Orleans/Oklahoma City Hornets da National Basketball Association (NBA), onde apenas participou, xogando tan só 135 minutos en 19 partidos.[1] O 20 de xullo de 2006, Macijauskas asinou co Olympiacos BC grego. En xuño de 2010, anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arvydas Macijauskas Info Page". NBA.com. 1980-01-19. Consultado o 2012-01-25. 
  2. "Shooting star Macijauskas ends comeback try". Euroleague.net. 2010-06-09. Consultado o 2012-01-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]