Artūras Karnišovas
Chicago Bulls | |
Posición | Ala |
---|---|
Cargo | Vicepresidente executivo |
Información persoal | |
Nacemento | 27 de abril de 1971 (52 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,04 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 103 kg (227 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Seton Hall (1990–1994) |
Carreira | 1987−2002 |
Historial de equipos | |
Statyba Vilnius (1989–1990) Pitch Cholet (1994–1995) Barcelona Banca Catalana (1995–1997) Olympicos (1997–1998) Fortitudo Bologna (1998–2000) Barcelona Banca Catalana (2000–2002) | |
Premios e galardóns | |
3× Liga ACB (1996, 1997, 2001) 1× Lega Basket Serie A (2000) 1× Copa do Rei (2001) |
Artūras Karnišovas, nado o 27 de abril de 1971 en Klaipėda, Unión Soviética (agora Lituania) é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,04 metros xogaba na posición de ala. Destacaba polo seu excelente tiro exterior. Actualmente é vicepresidente executivo de operacións baloncestísticas dos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Conseguiu os seus maiores éxitos deportivos coa Selección lituana de baloncesto, coa que conquistou dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996, e a medalla de prata no Eurobasket de 1995.
A nivel de clubs os seus maiores éxitos cultivounos no FC Barcelona, co que gañou tres ligas ACB e unha Copa do Rei, aínda que quedou dúas veces ás portas de gañar a Euroliga xa que disputou dúas veces a final, en 1996 e 1997, perdéndoa en ambas as ocasións. Entre 1998 e 2000 xogou dúas tempadas no Fortitudo Bologna, co que gañou unha liga de baloncesto de Italia e unha Supercopa. Antes de retirarse volveu xogar dúas tempadas máis no FC Barcelona.
Equipos[editar | editar a fonte]
Statyba Vilnius (1989–1990)
Seton Hall Pirates (1990–1994)
Pitch Cholet (1994–1995)
Barcelona Banca Catalana (1995–1997)
Olympicos Piraeus (1997–1998)
Fortitudo Bologna (1998–2000)
FC Barcelona (2000–2002)
Palmarés[editar | editar a fonte]
Títulos internacionais de selección[editar | editar a fonte]
- 2 medallas de Bronce nos Xogos Olímpicos: 1992 e 1996, coa Selección de Lituania.
- 1 medalla de Prata no Eurobasket de 1995 coa Selección de Lituania.
Títulos internacionais de club[editar | editar a fonte]
- 2 veces subcampión da Euroliga: 1996 e 1997, co FC Barcelona.
Títulos nacionais de club[editar | editar a fonte]
- 3 Ligas ACB: 1995-1996, 1996-1997, 2000-2001, co FC Barcelona.
- 1 Copa del Rei: 2000-2001, co FC Barcelona.
- 3 Lliga Catalana de Bàsquet: 1995-1996, 2000-2001, 2001-2002, co FC Barcelona.
- 1 Lega Basket Serie A: 1999-2000, co Fortitudo Bologna.
- 1 Supercopa de Italia: 1999-2000, co Fortitudo Bologna.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1971
- Nados no condado de Klaipėda
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do Cholet Basket
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do Olympiacos BC
- Xogadores do Fortitudo Bologna
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos de bronce por Lituania
- Medallistas olímpicos en baloncesto