Saltar ao contido

A praia dos afogados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A praia dos afogados
Imaxe
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Temática
 Obra derivada
Datas
 Data de publicación
2010 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
Wikidata C:Commons

A praia dos afogados é unha novela negra escrita por Domingo Villar, publicada por Editorial Galaxia en 2009. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas e é o segundo libro da serie, despois do seu debut con Ollos de auga.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O libro está dividido en 85 capítulos. Os títulos destes capítulos están formados por unha única palabra, da que se dá a definición de dicionario ao comezo de cada un deles.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato.

Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mailo patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os tres mariñeiros sobreviventes, dos cales dous viven aínda en Panxón, non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobre o sucedido.

Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento.

O inspector mirou cara arriba e, entre as pingas que escorrían polo cristal, viu o home peixe no alto do seu pedestal….p. 66

Paralelamente, Leo Caldas segue co seu programa de radio Patrulla nas ondas; tamén ten un papel importante, mesmo na resolución da trama, o seu pai, que está a coidar do seu irmán Alberte, gravemente enfermo no Hospital Xeral de Vigo.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

O libro publicouse simultaneamente en galego e en castelán, en abril de 2009. A casa da edición galega foi Galaxia e a da castelá Siruela. En 2010 publicouse a edición en alemán co título de Strand der Ertrunkenen, traducida por Carsten Regling[1] e a italiana, co título de La spiaggia degli affogati, traducida por S. Cattaneo[2]. En 2011 editouse a tradución ao inglés, co título de Death on a Galician Shore[3]; ao francés, co título de La plage des noyés, traducida por Dominique Lepreux[4]; ao polaco traducida por Marta Kitowska co título de Plaża topielców[5] e ao neerlandés, traducida por Johan Rijskamp co título de Het strand van de verdronkenen[6]. En 2013 editouse a tradución ao portugués (A praia dos afogados, Sextante Editora, traducida por Helena Pitta).

No 2015 estreouse a versión cinematográfica, A praia dos afogados.[7][8]

  1. Ficha do libro en alemán
  2. Ficha Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  3. "Ficha do libro en inglés". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 07 de abril de 2011. 
  4. Ficha Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  5. Ficha Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  6. Ficha Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  7. IMDb
  8. "O inspector Leo Caldas pasa da novela ao cine con Gerardo Herrero" Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine., artigo no Diario de Pontevedra, 7 de novembro de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]