Saltar ao contido

Airport '77

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Airport '77
 Título
    Airport '77 (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Colaborador/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
7 de abril de 1977 (Reino Unido)
8 de abril de 1977 (Irlanda)
11 de marzo de 1977 (Estados Unidos)
11 de agosto de 1977 (Alemaña)
1977 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Airport (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor deseño de vestiario (21 de febreiro de 1978)
Óscar ó mellor deseño de produción (21 de febreiro de 1978) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   6.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
91.000.000 $
30.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   114 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/043wvb Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
36/100 Metacritic (9 de xaneiro de 2026)
40% Rotten Tomatoes (20 de setembro de 2024)
5.1/10 Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0075648 Filmaffinity: 810385 Allocine: 39220 Rottentomatoes: m/airport_77 Mojo: airport77 Allmovie: v1310 TCM: 21845 Metacritic: movie/airport-77 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Airport '77 é un filme estadounidense do xénero de desastres de 1977 a terceira parte da franquía Aeroporto. Na película traballan varios actores veteranos como Jack Lemmon, James Stewart, Joseph Cotten e Olivia de Havilland, así como George Kennedy que xa traballara nas dúas películas anteriores da serie. O filme dirixiuno Jerry Jameson, o produtor foron Jennings Lang e William Frye e o guión escribírono Michael Scheff e David Spector.[1]

A trama céntrase nun Boeing 747 privado cheo de VIP e obras de arte de valor incalculable e que unha banda secuestra antes de caer ao mar, no triángulo das Bermudas, o que leva os sobreviventes a unha desesperada loita pola supervivencia.[2][3]

Malia as críticas, en xeral non moi positivas, Airport '77 foi un éxito de recadación con ingresos de 30.000.000 de dólares [4], o 19º filme por recadación en 1977. Tivo dúas candidaturas aos premios da Academia.

O filme contou cun bo número de estrelas veteranas como James Stewart (foto de 1973)

Argumento

[editar | editar a fonte]

Un luxoso Boeing 747-100 do millonario Philip Stevens realiza un voo privado con convidados, amigos e familiares, e coa súa colección privada de arte, con destino ás súas propiedades en Palm Beach (Florida), onde pensa abrir un novo museo. Unha banda de ladróns dirixida polo copiloto Bob Chambers decide secuestrar o avión e apoderarse así da valiosa colección.

George Kennedy estivo na repartición de Airport e das súas secuelas, incluíndo Airport'77 (foto de 1975)
O filme tamén tivo lugar para actores e actrices que principiaban, como Kathleen Quinlan (foto de 1975)

Recepción

[editar | editar a fonte]

Rotten Tomatoes informa que tivo críticas positivas do 50% dos seis críticos que avaliaron; a clasificación media é 5.1/10[5]. Variety escribiu: "Durante a maior parte do tempo crese a banal historia e hai algún bo procedemento real de busca e rescate da Mariña dos Estados Unidos intercalado na trama"[6]. Roger Ebert de Chicago Sun-Times valorouna con 2/4 estrelas e escribiu, "A película é un grande e hábil entretemento, incansablemente ridícula e, polo tanto, nunca aburrida durante moito tempo"[7]. Para The New York Times "Airport '77 parece menos o traballo dun director e guionistas e máis unha decisión empresarial."[8]

  1. ↑ "Airport '77". Turner Classic Movies. Consultado o 1 de marzo de 2016.
  2. ↑
  3. ↑ Leonard Maltin's 2015 Movie Guide ISBN 9780451468499
  4. ↑ "Airport - Box Office History". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2014. Consultado o 07 de setembro de 2017.
  5. ↑ "Airport 77". Rotten Tomatoes.
  6. ↑ "Airport 77". Variety.
  7. ↑ "Airport 77". rogerebert.com.
  8. ↑ "'Airport '77,' Starring a Jet, Fails to Maintain High Level". New York Times.