Joan Fontaine
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de outubro de 1917 Tokyo |
| Morte | 15 de decembro de 2013 Carmel-by-the-Sea |
| Educación | American School in Japan (en) Los Gatos High School (en) International School of the Sacred Heart (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de televisión, escritora, decoradora |
| Período de actividade | 1935 |
| Empregador | Warner Bros. |
| Familia | |
| Cónxuxe | Alfred Wright, Jr. (1964–1969) Collier Young (1952–1961) William Dozier (1946–1951) Brian Aherne (1939–1945) |
| Fillos | Deborah Dozier Potter ( |
| Pais | Walter Augustus de Havilland |
| Irmáns | Olivia de Havilland |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | The Royal Descents of 600 Immigrants to the American Colonies or the United States (2004) (en) |
Joan de Beauvoir de Havilland, nada en Tokyo o 22 de outubro de 1917 e finada en California o 15 de decembro de 2013, foi unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Tokyo de pais británicos, pois o seu pai foi profesor de inglés nesa cidade. A súa nai, actriz de teatro, deixou a interpretación ao marchar ao Xapón, pero volvería ao teatro tralo éxito das súas fillas. Debido a súa saúde, a familia instalouse logo en California, pero o pai abandonounos e volveu ao Xapón. Aos dezaseis marchou a vivir con el, graduándose na “American School in Japan”.
Debutou no teatro en 1935 e deseguido logrou un contrato coa RKO, actuando en varios filmes. O papel que a converteu definitivamente nunha estrela foi o de Rebecca, de Alfred Hitchcock. O ano seguinte gañaría o oscar á mellor actriz por Sospeita, do mesmo director, superando a súa irmá, Olivia de Havilland, tamén candidata.
O seu éxito continuou ao longo dos anos corenta, baixando un pouco nas décadas seguintes, nas que tamén se dedicou ao teatro e á televisión. Retirouse definitivamente en 1994.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1935 | No More Ladies |
| 1937 | A Million to One |
| 1937 | The Man Who Found Himself |
| 1937 | You Can't Beat Love |
| 1937 | Music for Madame |
| 1937 | A Damsel in Distress |
| 1938 | Maid's Night Out |
| 1938 | Blond Cheat |
| 1938 | Sky Giant |
| 1938 | The Duke of West Point |
| 1939 | Gunga Din |
| 1939 | Man of Conquest |
| 1939 | The Women |
| 1940 | Rebecca |
| 1941 | Sospeita |
| 1942 | This Above All |
| 1943 | The Constant Nymph |
| 1943 | Jane Eyre |
| 1944 | Frenchman’s Creek |
| 1945 | The Affaires of Susan |
| 1946 | From This Day Forward |
| 1947 | Ivy |
| 1948 | Carta dunha descoñecida |
| 1948 | The Emperor Waltz |
| 1948 | You Gotta Stay Happy |
| 1948 | Kiss the Blood Off My Hands |
| 1950 | September Affair |
| 1950 | Nacida para o mal |
| 1951 | Darling, How Could You! |
| 1952 | Something to Live For |
| 1952 | Ivanhoe |
| 1953 | Decameron Nights |
| 1953 | Flight to Tangier |
| 1953 | O bígamo |
| 1954 | Casanova's Big Night |
| 1956 | Serenade |
| 1956 | Beyond a Reasonable Doubt |
| 1957 | Island in the Sun |
| 1957 | Until They Sail |
| 1958 | A Certain Smile |
| 1961 | Voyage to the Bottom of the Sea |
| 1962 | Tender Is the Night |
| 1968 | The Witches |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joan Fontaine na IMDb (en inglés).