Okazaki (岡崎市, おかざきし, Okazaki-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e no centro-leste da prefectura, na zona de provincia histórica de Mikawa, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 387,24km², a poboación é de 373.274 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 964 h/km².