Noel Gallagher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Noel Gallagher
Noel Gallagher at Razzmatazz, Barcelona, Spain-5March2012 (3).jpg
Nome completoNoel Thomas David Gallagher
Nacemento29 de maio de 1967 (51 anos)
OrixeManchester, Inglaterra Inglaterra
Ocupaciónguitarrista, músico, cantautor e cantante
Instrumento(s)voz, guitarra
Relacionado conOasis, Noel Gallagher's High Flying Birds, The Rain, Damon Albarn, Tailgunner, Smokin' Mojo Filters, Inspiral Carpets, The Chemical Brothers, Ian Brown, Johnny Marr, Paul Weller, Coldplay, Gem Archer
Tempo en activo1991 - presente
editar datos en Wikidata ]

Noel Thomas David Gallagher, nado o 29 de maio de 1967 en Manchester, é un músico, cantante, guitarrista e compositor inglés. Foi o principal guitarrista e compositor, ademais de co-vocalista da banda de rock Oasis. Gallagher comzou a tocar a guitarra as trece anos, e despois de distintos traballos na construción traballou para a banda de Manchester Inspiral Carpets como roadie e técnico en 1988. Mentres estaba de xira con eles enterouse de que o seu irmán, Liam Gallagher, formara a súa propia banda, coñecida como The Rain, e que finalmente se convertería en Oasis. Despois de que Gallagher regresase a Inglaterra foi convidado polo seu irmán a unirse ao grupo como compositor e guitarrista.

O álbum de estrea de Oasis, Definitely Maybe (1994), marcou o comezo do ascenso da banda cara a fama como parte do movemento britpop. O seu seguindo traball, (What's the Story) Morning Glory? (1995), acadou a cima das listas de álbums en moitos países, e o seu terceiro disco, Be Here Now (1997), foi o disco coas vendas máis rápidas da historia do Reino Unido. O britpop finlmente perdeu popularidade e os dous seguintes álbums de Oasis non conseguiron revivilo. Porén, os dous últimos traballos do grupo, Don't Believe the Truth (2005) e Dig Out Your Soul (2008), conseguiron un éxito renovado. O 28 de agosto de 2009, tras un altercado con Liam antes dun concerto en París, Noel Gallagher anunciou que deixaba Oasis e o 23 de outubro dese ano confirmaba que comezaría unha carreira en solitario.[1] Gallagher pasaría a formar Noel Gallagher's High Flying Birds.

A carreira de Gallagher con Oasis foi turbulenta, especialmente durante o pico do britpop, ao estar envolto en varias disputas con Liam, e a loita dos irmáns e as súas salvaxes vidas foron regularmente portada nos tabloides británicos. Gallagher (xunto con Oasis) tamén compartíu unha rivalidade persoal coa banda Blur. Porén, a miúdo foi considerado como a punta de lanza do movemento britpop, e a revista NME chegou a designar a un feixe de bandas deste estilo (como Kula Shaker, Ocean Colour Scene e Cast) como "Noelrock", citando a influencia de Gallagher no seu éxito.[2] Moitos eloxiaron as composicións de Gallagher, dicindo George Martin que se trataba do "mellor compositor da súa xeración".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NME (ed.). "Noel Gallagher confirms solo career plan". Consultado o 18 de marzo de 2016. 
  2. Kessler, Ted (8 de xuño de 1996). "Noelrock!". NME.