Be Here Now é o terceiro álbum da banda inglesa de britpopOasis, publicado o 21 de agosto de 1997 a través do selo Creation Records. O disco foi moi agardado tanto pola crítica como polos seareiros, tras o éxito do grupo en todo o mundo co seu traballo de estrea, Definitely Maybe (1994), e a súa continuación, (What's the Story) Morning Glory? (1995). O pre-lanzament de Be Here Now deu lugar a un gran despregue publicitario, tanto na prensa musical como na convencional. Nese momento a fama de Oasis estaba no seu momento máis alto, e Be Here Now converteuse no disco con vendas máis rápidas no Reino Unido ata a data, vendendo ao redor de 350.000 unidades o seu primeiro día. Cara 2008 o disco levaba vendidas 8 millóns de copias en todo o mundo.