O Tio Marcos d'a Portela
O Tio Marcos d'a Portela PARRAFEOS C'O POBO GALLEGO | |
---|---|
Ano Primeiro Parrafeo Primeiro 7/2/1876. | |
Fundación | 1876 |
Remata | 1889 |
Editor | Valentín Lamas Carvajal |
Lingua | galega |
Localidade | Ourense |
Periodicidade | Quincenal e semanal |
Tiraxe | Até 4 000 exemplares |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tio Marcos d'a Portela[1], foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega[2].
Historia e características
[editar | editar a fonte]Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das sección literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.[3]
Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co seu aniversario.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", segundo as normas ortográficas vixentes sería "O Tío Marcos da Portela".
- ↑ Historia do xornalismo galego Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine..
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. p. 411. ISBN 84-7154-391-5.
- ↑ "Os medios en galego reivindican o seu papel fundamental para a Galicia do futuro". Galicia Confidencial. 3/2/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Tio Marcos d'a Portela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 463–464. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lamas Carvajal e a historia do periódico O Tío Marcos da Portela, no sitio web Galicia espallada