Día dos Medios en Galego
Aparencia
O Día dos Medios en Galego é unha conmemoración anual que ten lugar desde 2018 para celebrar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación[1]. O acto, impulsado pola Asociación de Medios en Galego[2], celébrase o 7 de febreiro por coincidir co aniversario da publicación periódica de O Tío Marcos da Portela.[3]
O Parlamento de Galicia, mediante un comunicado subscrito por todos os grupos políticos da cámara, apoiou a iniciativa. Miguel Santalices, presidente da cámara, foi o encargado de ler a declaración conxunta[4]:
Desde o coñecemento e reivindicación desta longa tradición do xornalismo na nosa lingua, consideramos que o 7 de febreiro, Día dos Medios en Galego, é unha boa ocasión para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país.[5]
O acto central do Día celebrouse nas seguintes localidades:
- 2018: Barallobre, Fene
- 2019: Pontevedra
- 2020: Carballo
- 2021: Padrón (Casa da Matanza)
- 2022: Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antón Losada Trabada (7 de febreiro de 2018). "Galego nos medios todos os días". Luzes.
- ↑ "Nace o 'Día dos Medios en Galego' para conmemorar o aniversario de 'O Tio Marcos d'A Portela". Praza Pública. 1 de febreiro de 2018.
- ↑ Galicia Confidencial (ed.). "Os medios en galego reivindican o seu papel fundamental para a Galicia do futuro". 5 de febreiro de 2018.
- ↑ Apoio unánime do Parlamento aos medios en galego Arquivado 08 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Todos os grupos da Cámara apoian os medios en galego polo seu compromiso "coa realidade e orgullo polo propio", nova en Galicia Confidencial o 7 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da entidade promotora.