Conversa:O Tio Marcos d'a Portela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Conste que este xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", sen til en "tio" e con apóstrofo en "d'a Portela". O uso do apóstrofo está claro e, canto ó til, na cabeceira escríbeo con maiúsculas, polo que non se pode saber se era "Tio" ou "Tío" (xa se sabe que a acentuación das maiúsculas sempre foi cousa despreciada, e naquela época máis aínda), pero logo, na cabeceira das páxinas volve escribilo (nas 1ª e 2ª épocas, 1876 a 1888), desta volta con minúsculas e SEN til: "O Tio Marcos d'a Portela" (na terceira época, 1917-1919, escribe os títulos de páxina con maiúscula). Propoño deixa-lo título do artigo como está, por respecta-la grafía actual, pero aclarar isto en nota a rodapé, por aquilo de respecta-las fontes. Xa diredes. Pedro --Lameiro (conversa) 17:20, 16 setembro 2009 (UTC)

  • Se o título é o que ti documentas o artigo debe moverse. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:26, 16 setembro 2009 (UTC)
  • Concordo. --RNC 17:28, 16 setembro 2009 (UTC)

Teño o facsímile aquí ó meu carón e así está escrito. No caso de mover habería que deixa-lo título "normativizado" como redirección, digo eu. Pedro --Lameiro (conversa) 17:55, 16 setembro 2009 (UTC)

  • Concordo co da redirección, por certo non poñía en dúbida as túas afirmacións, foi un xeito de escribir. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:58, 16 setembro 2009 (UTC)
  • Concordo tamén (traslado e redirección). --Toliño Fala aquí comigo 18:24, 16 setembro 2009 (UTC)
  • Concordo--Xabier Cid Conversa 19:10, 16 setembro 2009 (UTC)