Os turcos selxúcidas son considerados como os devanceiros directos dos turcos suroccidentais, os habitantes actuais de Turquía, Gagauzia, Azerbaidján e Turkmenistán. Os selxúcidas desempeñaron un papel principal na historia medieval creando unha barreira a Europa contra os invasores mongois do leste, defendendo o mundo islámico contra as cruzadas de Europa e conquistando grandes extensións do Imperio Bizantino, que practicamente desmantelaron, sendo os seus sucesores os turcos osmanlís.