Nishitani Keiji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNishitani Keiji (西谷啓治)
Nome orixinal(ja) 西谷啓治 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro do 1900
Ishikawa, Xapón
Morte24 de novembro do 1990
Datos persoais
País de nacionalidadeXaponesa
RelixiónBudismo zen
EducaciónUniversidade de Quioto
Actividade
OcupaciónFilósofo
EmpregadorUniversidade de Quioto
Ōtani University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Nishitani Keiji (西谷啓治?), nado o 27 de febreiro do 1900 en Ishikawa e finado o 24 de novembro do 1990, foi un filósofo xaponés da Escola de Quioto.[1][2] Foi discípulo de Nishida Kitarō.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 1924, doutorouse pola Universidade de Quioto cunha tese sobre as obras de Friedrich Schelling e Henri Bergson.[3] Entre o 1937 e o 1939, estudou con Martin Heidegger na Universidade de Friburgo.[2][3] No 1943, ocupou a cátedra de Filosofía e Relixión da Universidade de Quioto.[3] Polos seus escritos sobre o concepto de nación, realizados durante o período de guerra, as autoridades imperiais considerárono sospeitoso de traizón.[3] No 1964, converteríase en catedrático emérito da Universidade de Quioto. En varias ocasións, foi profesor visitante nos Estados Unidos e en Europa.[2]

Filosofía[editar | editar a fonte]

Segundo o propio Nishitani, "o problema fundamental da miña vida (...) foi sempre a superación do nihilismo a través do nihilismo".[4] A filosofía de Nishitani tiña unha inclinación relixiosa e subxectiva, próxima aos autores existencialistas e místicos como Søren Kierkegaard e Meister Eckhart.[4] Neste sentido, opoñíase aos eruditos e teólogos que procuran elaborar un sistema de pensamento. Nishitani reuniu organicamente a poesía, a literatura, a relixión e a filosofía do zen no seu traballo.[4]

Na súa obra Shūkyō to wa nanika? 宗教とは何?("Que é a relixión?", 1961), Nishitani compara o concepto budista de sunyata ou baleiro co nihilismo occidental.[5] Namentres a nada nihilista significa ausencia de sentido, o sunyata está relacionado coa aceptación do anatta, un dos tres correctos entendementos do Nobre Óctuple Sendeiro, e co rexeitamento do ego para ser un con todo.[6] Xa que logo, o baleiro budista implica que "todas as cousas que está no mundo están unidas, de un ou outro xeito".[6]

Obras[editar | editar a fonte]

As obras completas de Nishitani foron editadas en 26 volumes. As seguintes son algunhas das máis representativas:[2]

  • Kami to zettai mu 神と絶対無 ("O divino e a negación absoluta", 1948).
  • Arisutoteresu ronkō アリストテレス論考 ("Examinando a Aristóteles", 1948).
  • Gendai shakai no somondai to shūkyō 現代社会の諸問題と宗教 ("Problemas e relixión na sociedade moderna", 1951).
  • Shūkyō to wa nanika? 宗教とは何?("Que é a relixión?", 1961)
  • Bukkyō ni tsuite 仏教について ("Sobre o budismo", 1982).
  • Nishida Kitarō: Sono hito to shisō 西田幾多郎 その人と思想 ("Nishida Kitarō: O home e o pensamento", 1985).
  • Zen no tachiba 禅の立場 ("O punto de vista do zen", 1986).

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nishida Kitar)( Davis, Bret W. (2023). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. The Kyoto School (Winter 2023 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "思想家紹介 西谷啓治 « 京都大学大学院文学研究科・文学部" (en xaponés). Consultado o 2023-12-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "NISHITANI KEIJI". The Kyoto School of Philosophy (en inglés). 2016-12-20. Consultado o 2023-12-16. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Heisig, James (2015). Filósofos de la nada: Un ensayo sobre la Escuela de Kioto (en castelán). Editorial Herder. ISBN 9788425433177. 
  5. Thacker, Eugene (2016-04-30). "Black Illumination: the abyss of Keiji Nishitani". The Japan Times (en inglés). Consultado o 2023-12-16. 
  6. 6,0 6,1 Nishitani, Keiji (2017). La religión y la nada (en castelán). Chisokudo Publications. ISBN 978-1977717788. 
  7. "La religión y la nada – Chisokudo Publications" (en inglés). Consultado o 2023-12-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Heisig, J. (2015). Filósofos de la nada: Un ensayo sobre la Escuela de Kioto. Editorial Herder. ISBN 9788425433177

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]