Nikolai Przewalski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNikolai Przewalski
Nome orixinalNikolai Mikháilovich Przewalski
Biografía
NacementoНиколай Михайлович Пржевальский
12 de abril (no calendario antigo, 31 de marzo) de 1839
Smolensk, Imperio Ruso
Morte1 de novembro (no calendario antigo, 20 de outubro) de 1888
Karakol, rexión de Isiq-Köl, Imperio Ruso
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Febre tifoide Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaKrakol Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusa
EducaciónGeneral Staff Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias naturais, natural science (en) Traducir e viaxe Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeógrado, militar, explorador, naturalista
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaPrzew. Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsYevgeny Przhevalsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Medalla Constantin, Medalla Vega, Medalla Founder’s, Orde de Santo Estanislau, Orde de san Vladimir, Medalla Alexander von Humboldt, Orde das Palmas Académicas, Orde de Leopoldo e Medalla Real

Nikolai Mikháilovich Przhevalski ou Przewalski, ou Nikolai Mikháilovich Przhevalskiy, (en polaco Przewalski, en ruso Пржевальский, transliterado de varias maneras: Przhevalski, Prževalskij, Prjevalsky...), nado en Smolensk o 12 de abril de 1839 e finado en Karakol, rexión de Isiq-Köl o 1 de novembro de 1888, foi un xeógrafo e naturalista ruso, importante explorador de Asia Oriental e Asia Central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Przevalski naceu en Smolensk no seo dunha familia da nobreza polaca, cidade onde iniciou os seus estudos, antes de ingresar na Academia Militar de San Petersburgo. En 1864 foi profesor de xeografía na Escola Militar de Varsovia.

En 1867 Przevalski solicitou á Sociedade Xeográfica Rusa ser enviado a Irkutsk, no leste de Siberia. A súa intención era explorar a conca do río Ussuri, un afluente do Amur. Esta foi a súa primeira expedición de importancia, que durou dous anos. Przevalski publicou o diario da expedición co título Viaxes pola rexión do Ussuri, 1867-69.

Despois desta exploración realizou outras catro. Aínda que nunca chegou á súa meta final, a cidade de Lhasa, no Tíbet, viaxou a través de rexións descoñecidas, ao oeste, como o norte do Tíbet, a actual Qinghai e Zungaria.[1]

Przevalski contribuíu significativamente ao coñecemento europeo sobre a Asia Central, e foi o primeiro europeo que descubriu unha das poucas subespecies existentes do cabalo salvaxe, que hoxe leva o seu nome: Equus ferus przewalskii.[2]

Abreviatura (botánica)[editar | editar a fonte]

A abreviatura Przew. emprégase para recoñecer a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.​

Abreviatura (zooloxía)[editar | editar a fonte]

A abreviatura Przewalski emprégase para indicar a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Luce Boulnois (2005): Silk road: monks, warriors & merchants (páx. 415). Florey, Australian Capital Territory: Odyssey Books. ISBN 9-6221-7721-2.
  2. Alexander Hellemans & Bryan Bunch (1988): The timetables of science (páx. 304). Nova York: Simon and Schuster. ISBN 0-6716-2130-0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Meyer, Karl E. & Shareen-Blair Brysac (1999): Tournament of shadows: the great game and the race for empire in Central Asia. Nova York: Basic Books. ISBN 978-1-5824-3106-2.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]