Compromiso de Connecticut
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Compromiso de Connecticut de 1787 nos Estados Unidos, tamén coñecido como o Gran Compromiso, orixinouse na creación dos corpos lexislativos. Uniuse ao Plan Virxinia, que favorecía a representación baseada na poboación, e o Plan de Nova Jersey, no que figuraba cada Estado como un igual. Roger Sherman, de Connecticut, desempeñou un papel importante na construción deste compromiso. Establecía que haberían dúas casas: unha a favor do Plan Virxinia, baseado na poboación dos Estados, e a outra a favor do Plan de Nova Jersey, no cal todos os estados votaban en igualdade.
Este foi un asunto importante no novo Estados Unidos. Os pequenos estados, con pouca poboación, querían que se oísen as súas voces no goberno dos Estados Unidos do mesmo xeito que a daqueles estados grandes e cunha ampla cantidade de poboación, tales como Virxinia ou Nova York. O Plan Virxinia quería ter unha maior representación debido a que unha gran porcentaxe da poboación dos Estados Unidos se atopaba naquel Estado. Desta forma eles terían control sobre o que ocorrese nos Estados Unidos.