Neuralxia do trixémino
A neularxia do nervio trixémino, tamén coñecida como neuralxia do trixémino, síndrome da dor facial paroxística, doenza de Fothergill, prosopalxia dolorosa, ou aínda como tic doloroso (do francés, tic douloureux). É unha patoloxía neuropática do nervio trixémino, que causa episodios de dor intensa nos ollos, beizos, nariz, coiro cabeludo, testa e mandíbula.[1] O nervio trixémino é o V par cranial. É de carácter mixto, fornecendo ao sistema nervioso de datos sensoriais coma a presión ao tacto, a termocepción (temperatura) e a nocicepción (dor).
Prevalencia
[editar | editar a fonte]É máis común en mulleres, nunha proporción de 3 por cada 2 homes, e xeralmente os síntomas aparecen após os 40 anos, coa maioría dos novos casos xurdindo entre os 60 e os 70 anos. A súa incidencia anual é de preto de 4,3 por cada 100.000 persoas da poboación xeral. A manifestación bilateral só acontece nun 3% dos casos. A área máis comunmente atinxida é maxilar
Signos e síntomas
[editar | editar a fonte]A neuralxia do trixémino é unha afección pouco común, caracterizada por ataques recorrentes de dor lancinante e súbita, descrita coma un choque doloroso, intenso e fortemente incapacitante. É coñecida como unha das doenzas máis dolorosas do mundo, e antes de ter tratamento, era unha das causas máis habituais de suicidio. Un movemento leve pode ser mesmo dabondo para causar unha crise dolorosa, que malia durar, polo xeral, só uns poucos segundos, pode desencadear outros procesos dolorosos máis prolongados no tempo. Despois dunha crise a dor e a sensibilidade diminúen un pouco.
A dor pode ser desencadeada ao falar, beber, cepillar os dentes, barbearse, mastigar, tocar levemente no rostro, por certas expresións faciais, reflexos, ou até mesmo por un vento máis forte, e pode acontecer varias veces ao longo do día.
Diagnóstico
[editar | editar a fonte]O diagnóstico é esencialmente clínico, seguindo os criterios diagnósticos definidos pola IASP (International Association for the Study of Pain) e pola ICHD/IHS (International Classification of Headache Disorders/International Headache Society) son:[2]
- Ataques paroxísticos (intensos) de dor con duración desde unha fracción de segundo a dous minutos, afectando a unha ou máis divisións do nervio trixémino;
- A dor ten polo menos unha das seguintes características:
- Intensa, súbita, superficial ou como unha navallada.
- Precipitada por factores-gatillo ou de áreas-gatillo;
- Os ataques son similares aos dos outros pacientes xa descritos;
- Ningún disturbio neurolóxico é clinicamente evidente;
- Non é atribuíble a outra doenza
Frecuencia de áreas atinxidas
[editar | editar a fonte]Xeralmente atinxe só a un lado da cara, sendo as áreas afetadas máis comúns:
- Rama maxilar (35%)
- Mandíbula (30%)
- Ramas maxilar e mandibular simultaneamente (20%),
- Ramas oftálmica e maxilar (10%),
- Rama oftálmico (4%)
- Todas as ramas trixeminais (1%).
Diagnóstico diferencial
[editar | editar a fonte]Outras causas posíbeis da dor crónica na cara son[3]:
- Cefalea en acios,
- Dor dentaria,
- Arterite de células xigantes,
- Neuralxia de nervio glossofaríngeo,
- Tumor intracraniano,
- Migraña,
- Esclerose múltiple,
- Otite media,
- Hemicrania paroxística,
- Neuralxia post-herpética,
- Sinusite,
- Cefalea tipo SUNCT (Shortlasting, Unilateral, Neuralgiform pain with Conjunctival injection and Tearing),
- Síndrome da articulación temporomandibular
- Outra neuropatía trixeminal.
Causas
[editar | editar a fonte]Existen diversas causas posíbeis, e os mecanismos que levan a este trastorno aínda non están totalmente esclarecidos. De entre as posibilidades máis comúns están:
- Compresión intracraniana por vasos sanguíneos periféricos (causa máis frecuente).
- Compromiso alveolar por mor dunha extracción dentaria.
- Esclerose múltiple
- Infección viral
- Aneurisma
- Tumor
- Traumatismo
- Intoxicación
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento farmacolóxico máis empregado baséase no uso de anticonvulsivantes coma a [carbamazepina (Tegretol) ou difenilhidantoína (Hydantal) ou de narcóticos. O tratamento con carbamazepina pode ser iniciado cunha dose 100 mg/dáa con aumento gradual de 100 mg a cada 2-3 días até atinxir o efecto desexado. Outros medicamentos con efectos analxésicos poden ser usados simultaneamente para amenizar a dor.
Existen varios tratamentos cirúrxicos posíbeis, entre eles: a alcolización, a microdescompresión vascular e a termocoagulación mediante radiofrecuencia. Procedementos menos invasivos son a electromioestimulación, que tamén calma a dor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dores de cabeza Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bayer DB, Stenger TG (1979). "Trigeminal neuralgia: an overview". Oral Surg. Oral Med. Oral Pathol. 48 (5): 393–9. PMID 226915.
- ↑ Clasificación Internacional das Cefaléas, 2ª edición. Arquivado 23 de abril de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 23 de febreiro de 2013
- ↑ Zakrzewska JM - Diagnosis and differential diagnosis of trigeminal neuralgia. Clin J Pain 2002;18:14-21.