Nedo Nadi
Nedo Nadi | |
---|---|
![]() |
|
Nacemento | 9 de xuño de 1894 |
Livorno | |
Falecemento | 29 de xaneiro de 1940 |
Portofino | |
Nacionalidade | Reino de Italia |
Ocupación | esgrimista e Soldado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nedo Nadi, nado o 9 de xuño de 1894 en Livorno e finado en Roma o 29 de xaneiro de 1940, foi un tirador de esgrima e mestre de armas italiano, gañador de seis medallas olímpicas de ouro, e o único tirador que logrou levar o ouro en cada unha das tres armas nun mesmos Xogos Olímpicos e o segundo atleta, tras Mark Spitz, en gañar máis medallas de ouro nunha soa olimpiada.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Nedo Nadi era fillo do famoso mestre de armas Beppe Nadi, quen se encargou de adestralo canda o seu irmán máis novo Aldo desde moi cativo. Aos catorce anos gañou un trofeo de prata nas tres armas durante o Torneo do Emperado, celebrado con motivo do xubileu do emperador Francisco Xosé en Viena.
Xogos Olímpicos de 1912[editar | editar a fonte]
Competiu polo seu país nos 1912 Xogos Olímpicos de 1912 celebrados en Estocolmo e alí se converteu no tirador máis novo en gañar unha medalla de de ouro en florete individual con 18 anos e 29 días, ao vencer ao seu compatriota Pietro Speciale e ao austríaco Richard Verderber.
Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]
Nadi serviu no Exército italiano durante a Primeira Guerra Mundial sendo condecorado pola súa coraxe.
Xogos Olímpicos de 1920[editar | editar a fonte]
Nadi volveu á alta competición tras o remate da guerra, nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen foi o portabandeira da delegación italiana e capitán do equipo de esgrima, as súas participacións foron aclamadas como case perfectas e foi un dos protagonista dos xogos xunto ao finlandés Paavo Nurmi, gañou as medallas de ouro en sabre e florete individual e sabre, florete e espada por equipos. Non puido competir en espada individual por mor de problemas intestinais que fixeron que abandonara a competición.
Últimos anos[editar | editar a fonte]
Tras os xogos de 1930 converteuse en profesional, e adestrou ao Buenos Aires Jockey Club da Arxentina durante algúns anos, volvendo en 1923 a Roma, gañou o Campionato do Mundo para profesionais de 1930 celebrado en Antuerpen. Foi comisario técnico do equipo italiano de esgrima nos Xogos Olímpicos de 1932 publicou Con la maschera e senza en 1933 e durante 1934 dirixiu unha sala de armas en París, asumiu o posto de presidente da Federación Italiana de Esgrima desde 1935 ata a súa morte.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nedo Nadi ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
- Nados en 1894
- Finados en 1940
- Esgrimistas de Italia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Esgrimistas de florete
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Medallistas olímpicos por Italia
- Mestres de armas
- Directivos de esgrima
- Nados na provincia de Livorno
- Esgrimistas de sabre
- Esgrimistas de espada