Aldo Nadi
(1922) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1899 Livorno, Italia |
Morte | 10 de novembro de 1965 (66 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Altura | 183 cm |
Peso | 69 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's sabre (en) (medalla de prata olímpica) |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team épée (en) (medalla de ouro olímpica) |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team sabre (en) (medalla de ouro olímpica) |
Familia | |
Irmáns | Nedo Nadi |
Aldo Nadi, nado en Livorno o 29 de abril de 1899 e finado nos Ánxeles o 10 de novembro de 1965, foi un tirador de esgrima e mestre de armas italiano, gañador de catro medallas olímpicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aldo naceu nunha familia de esgrimistas, e con seu irmán Nedo aprendeu a técnica da escola italiana desde moi novo con seu pai Beppe Nadi, gañando competicións na súa adolescencia, entre os seus contrincantes estivo o tirador francés Lucien Gaudin. Durante a primeira guerra mundial serviu como oficial de cabalería
En 1920, aos 21 anos, Nadi gañou nos Xogos Olímpicos de 1920 medallas de ouro en florete, espada e sabre por equipos, e en individual unha medalla de prata en sabre, tras seu irmán Nedo. En 1928 actuou no filme Le tournoi dans la cité de Jean Renoir.
En 1935 emigrou aos Estados Unidos, ensinando esgrima en Nova York ata 1943, nese ano publicou o seu libro On Fencing e fixou a súa residencia nos Ánxeles, onde continuou a ensinar esgrima na súa propia sala de armas, e ocasionalmente adestrando actores para escenas de esgrimas nos filmes. En 1944 mesmo apareceu no filme To Have and Have Not (1944) e colaborou como coordinador de esgrima en tres filmes, Frenchman's Creek (1944), The Foxes of Harrow (1947) e The Mississippi Gambler(1953), protagonizado por Tyrone Power
En 1955, Nadi escribiu a súa autobiografía (The Living Sword: A Fencer's Autobiography), que non se publicaría ata trinta anos despois da súa morte, grazas ao editor Lance Lobo, incluíndo un limiar de William M. Gaugler, mestre de armas e discípulo de Nadi.
- Nados en 1899
- Finados en 1965
- Esgrimistas olímpicos de Italia
- Mestres de armas
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Esgrimistas de sabre
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas olímpicos de ouro por Italia
- Medallistas olímpicos de prata por Italia
- Nados na provincia de Livorno
- Esgrimistas de florete
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920