Corindón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Corindón | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | Al₂O₃ |
| Clase | Óxidos |
| Sistema cristalino | Romboédrico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Incolora, vermella, azul, amarela, verde e parda |
| Brillo | Vítreo |
| Dureza | 9 |
| Exfoliación | Moi imperfecta |
| Fractura | Concoidea |
| Raia | Branca |
| Densidade | 3,9-4,1 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Nickel–Strunz | 1302-74-5 |
| Outros datos | |
| Referencias | |
O corindón é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3 (contén un 53% de aluminio).
Aspecto
[editar | editar a fonte]O corindón preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares, bipiramidales ou en forma de bocois.
Variedades de corindón
[editar | editar a fonte]Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:
- Rubí, de cor vermella pola inclusión de átomos de cromo.
- Zafiro, de cor azul pola inclusión de ferro e titanio na súa composición.
Existen outras moitas coloracións (incolora, amarela, verde e parda) aínda que son moito menos características desde mineral.
-
Rubí
-
Zafiro
Lugares nos que se atopa
[editar | editar a fonte]Podemos atopar corindón en xacementos de diversa natureza como en pegmatitas, en gneises, en mármores ou en peridotitas. Moito máis raro é atopalo en rochas volcánicas.
Tense atopado en forma detrítica nas areas no río Sil.
Usos do corindón
[editar | editar a fonte]O corindón úsase basicamente en xoiería.
É ademais un axente abrasivo de grande efectividade cando é usado en sistemas para a preparación superficial do aceiro e traballos de gravado artístico en cristais, creando relevos con moita facilidade e incluso perforando o material. A altas presións pode cortar tamén o metal.
Pódese usar coma aditivo na elaboración do aceiro, otorgándolle características sobresalientes de maleabilidade.
Outros óxidos
[editar | editar a fonte]Outros óxidos importantes son:
O rútilo, a magnetita e a casiterita.