My Name Is Jonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«My Name Is Jonas»
canción de Weezer
do álbum Weezer
Lanzamento 10 de maio de 1994
Formato {{{formato}}}
Gravada agosto - setembro de 1993
Xénero musical rock alternativo, power pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:24
Discográfica DGC Records
Produtor(es) Ric Ocasek
Escritor(es) Rivers Cuomo, Pat Wilson, Jason Cropper
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"My Name Is Jonas" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, composta por Rivers Cuomo, Pat Wilson e Jason Cropper que aparece no seu disco de estrea Weezer, editado en 1994. É unha das poucas cancións de Weezer cos créditos de composición atribuídos a toda a banda, e a única na que aparece Cropper, que fixo a introdución cunha guitarra acústica.

"My Name Is Jonas" inspirouse no irmán de Rivers, que tivo un accidente de coche no Oberlin College e tivo problemas co seu seguro.

En 1995 aparentemente houbo confusións por se sería o terceiro sinxelo de The Blue Album, e varias emisoras dos Estados Unidos e do Canadá pincharon "My Name Is Jonas" como sinxelo na primavera de 1995. No Canadá de feito foi lanzada como sinxelo promocional para as radios, despois de que "Say It Ain't So" fose confirmada como terceiro sinxelo. O sinxelo canadense converteuse dende entón nun dos obxectos máis preciados para os coleccionistas de Weezer.

A canción continua a ser moi popular e é unha peza básica nos concertos da banda. Ao vivo Brian Bell toca o solo de harmónica. Na xira do 2008 Troublemaker, a canción foi cantada a tres voces por Pat Wilson, Scott Shriner e Rivers Cuomo.

No ano 2010, membros de My Chemical Romance uníronse a Weezer unha noite nos Ánxeles para interpretar este tema. A actuación de Weezer formaba parte da serie de concertos AXE Music: One Night Only.