Mikey Welsh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mikey Welsh
MikeyWelshWinter2010.jpg
Nome completoMichael Edward Welsh
AliasMikey Welsh en 2010.
Nacemento20 de abril de 1971
OrixeSyracuse, Estado de Nova York Flag of the United States.svg
Falecemento8 de outubro de 2011 (40 anos)
 Chicago
Ocupaciónmúsico, artista
Xénerorock alternativo
Instrumento(s)baixo
Selo(s) discográfico(s)Geffen Records
Relacionado conWeezer, The Special Goodness, Verbena, Juliana Hatfield, The Kickovers
editar datos en Wikidata ]

Michael Edward "Mikey" Welsh, nado en Syracuse (Nova York) o 20 de abril de 1971 e finado en Chicago (Illinois) o 8 de outubro de 2011, foi un artista estadounidense coñecido por ser baixista da banda de rock alternativo Weezer. Welsh tocou co líder de Weezer Rivers Cuomo no tempo que este pasou en Boston durante o hiato da banda, nun grupo chamado Homie. Despois de que Matt Sharp decidise centrarse no seu proxecto The Rentals e abandonar Weezer Welsh foi o elixido para ocupar o seu lugar e tocou no grupo dende o ano 2000 ata agosto de 2001, cando sufriu unha crise nerviosa. Pouco despois retirouse da música para centrarse na súa carreira artística. Mikey morreu inesperadamente o 8 de outubro de 2011, cando tiña 40 anos de idade[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "weezer.com - 2011/10/08 our friend Mikey Welsh 1971-2011 R.I.P.". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2011.