Saltar ao contido

Weezer (Red Album)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Weezer
Álbum de Weezer
Publicado3 de xuño do 2008
Gravaciónprimavera do 2007 - principios do 2008
Duración41:23
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)DGC/Interscope
ProdutorRick Rubin, Jacknife Lee, Weezer
Cronoloxía
Make Believe Weezer Raditude
Na rede
Spotify: 6v8wNjiQDhDijoapXXZ9mZ Discogs: 35292 Allmusic: mw0000789075 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Weezer (alcumado como The Red Album, pola cor da súa capa) é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 3 de xuño do 2008. Ao igual que o primeiro traballo do grupo, os outros membros da banda contribuíron coas súas composicións (no resto dos discos Rivers Cuomo foi o principal compositor e vocalista). Este é o primeiro álbum de Weezer que conta con voces de todos os membros da banda.

O vídeo do primeiro sinxelo do álbum, "Pork and Beans", converteuse no máis visto en Internet a semana seguinte ao seu lanzamento[1]. As vendas de Weezer foron menores que as do seu predecesor, Make Believe, vendendo 200.000 copias menos no mesmo período de tempo.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Troublemaker" - 2:44
  2. "The Greatest Man That Ever Lived (Variations on a Shaker Hymn)" - 5:52
  3. "Pork and Beans" - 3:09
  4. "Heart Songs" - 4:06
  5. "Everybody Get Dangerous" - 4:03
  6. "Dreamin'" - 5:12
  7. "Thought I Knew" - 3:01
  8. "Cold Dark World" - 3:51
  9. "Automatic" - 3:07
  10. "The Angel and the One" - 6:46
  1. "Viral YouTube Hit 'Pork and Beans' Shoots to No. 1". People.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2011.