Saltar ao contido

The Lion and the Witch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Lion and the Witch
Weezer Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Forma artística
 Xénero
Autoría
 Interpretado por
Publicación
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Identificadores
Freebase/m/04s3dd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
Discogs: 477406 Allmusic: mw0001299119 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Lion and the Witch é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi gravado no Xapón na primavera do ano 2002 mentres promocionaban o seu álbum Maladroit, e editado o 24 de setembro do 2002, seis anos xustos despois da aparición de Pinkerton. Distribuíuse como edición limitada de 25.000 copias en tendas de música independentes.

Ao igual que con Maladroit, a comercialización deste EP causou problemas entre Weezer e Geffen Records. A banda quería un EP con oito temas cunha embalaxe única que non fose con caixas de plástico. Geffen díxolles que a súa idea da embalaxe era demasiado cara e o númeiro de cancións tiña que reducirse a seis. Finalmente a idea da embalaxe conservouse, pero foron incluídos seis temas e unha canción oculta, "Polynesia", que abre o disco.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas por Rivers Cuomo agás "Polynesia", composta por Scott Shriner.

  1. "Dope Nose" (comeza cunha breve interpretación de "Polynesia")- 5:20
  2. "Island in the Sun" - 3:55
  3. "Falling for You" - 4:23
  4. "Death and Destruction" - 4:19
  5. "El Scorcho" - 4:16
  6. "Holiday" - 4:10