Weezer (White Album)
| Weezer | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Weezer | |||||||
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
|
Forma artística
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Produtor/a
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
|
Formato de distribución
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Weezer (tamén coñecido como The White Album)[1][2] é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 1 de abril de 2016.[3] O disco é o seu cuarto traballo autotitulado e o seu primeiro álbum producido por Jake Sinclair. Tamén é o seu primeiro disco editado a través de Crush Management e distribuído por Atlantic Records.[4]
Para o álbum, o líder da banda Rivers Cuomo explorou novas técnicas de composición, como a inclusión de potenciais letras nunha folla de cálculoe incluílas en cancións, como en "Summer Elaine and Drunk Dori" e "L.A. Girlz", baseadas no seu reconto de sílabas e a acentuación de palabras. O disco explora temáticas de dinámicas de xénero, experiencias de citas modernas e referencias á iconografía relixiosa. Musicalmente é unha volta aos seus dous primeiros traballos, Weezer (1994) e Pinkerton (1996), aínda que tamén é unha especie de tributo a The Beach Boys.
Weezer continuou colleitando a aclamación da crítica do anterior traballo da banda, Everything Will Be Alright in the End, mentres que comercialmente mellorou os resultados do anterior álbum, acadando o número 4 da lista Billboard 200 con 49.000 copias vendidas na súa primeira semana. Do disco sacáronse tres sinxelos: "Thank God for Girls", "Do You Wanna Get High?" e "King of the World".
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "California Kids" | Rivers Cuomo, Dan Wilson | 3:25 | ||||||
| 2. | "Wind in Our Sail" | Cuomo, Scott Chesak, Ryan Spraker | 2:53 | ||||||
| 3. | "Thank God for Girls" | Cuomo, Alex Goose, Michael Balzer, Alex Balzer, Bill Petti | 3:30 | ||||||
| 4. | "(Girl We Got A) Good Thing" | Cuomo | 3:25 | ||||||
| 5. | "Do You Wanna Get High?" | Cuomo | 3:27 | ||||||
| 6. | "King of the World" | Cuomo, Jarrad Kritzstein | 3:24 | ||||||
| 7. | "Summer Elaine and Drunk Dori" | Cuomo | 3:25 | ||||||
| 8. | "L.A. Girlz" | Cuomo, Brian Bell, Luther Russell | 3:29 | ||||||
| 9. | "Jacked Up" | Cuomo, Jonathan Coffer, Hugh Pescod | 2:53 | ||||||
| 10. | "Endless Bummer" | Cuomo, Bell, Russell | 4:14 | ||||||
| 34:05 | |||||||||
| Canción extra no Xapón | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Duración | |||||||
| 11. | "Prom Night" | 3:34 | |||||||
| Edición deluxe dixital | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
| 11. | "I Love the U.S.A." | Cuomo, Sam Hollander[5] | 3:09 | ||||||
| 12. | "Jacked Up" (Remix) (con Fitz de Fitz and the Tantrums e Nadya de Pussy Riot) | Cuomo, Coffer, Pescod | 2:56 | ||||||
| 13. | "Friend of a Friend" | Cuomo[6] | 2:58 | ||||||
| 14. | "Fake Smiles" | Cuomo[7] | 3:26 | ||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kerrang! (ed.). "Weezer Release New Video for California Kids". Archived from the original on 10 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016.
- ↑ Entertainment.ie (ed.). "Weezer announce new album release in April - watch the video for 'King of the World' now". Consultado o 29 de outubro de 2016.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Weezer Announce Weezer ("The White Album"), Share "King of the World" Video". Consultado o 29 de outubro de 2016.
- ↑ Billboard (ed.). "Warner Music Group, Crush Music Launch New Label". Consultado o 29 de outubro de 2016.
- ↑ "I LOVE THE USA". BMI reportoire (en inglés). BMI Work # 22661432. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.
- ↑ "FRIEND OF A FRIEND". BMI reportoire (en inglés). BMI Work # 21201445. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.
- ↑ "FAKE SMILES". BMI reportoire (en inglés). BMI Work # 21201516. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.