Perfect Situation
| Perfect Situation | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Weezer | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Produtor/a
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Perfect Situation é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado en decembro do 2005 como terceiro sinxelo do seu quinto álbum Make Believe.
É tamén a canción máis exitosa da banda ata a data, estando na cima da Billboard Modern Rock Tracks durante catro semanas, durando máis que o primeiro sinxelo do álbum, "Beverly Hills".
O seu vídeo, dirixido por Marc Webb, estreouse o 11 de novembro de 2005 e conta coa actriz Elisha Cuthbert. Nel aparece a banda ficticia "Weeze" na que a vocalista e líder é Cuthbert, e onde Rivers Cuomo é un axudante. Cansos da actitude da líder, os membros de Weeze pídenlle a Cuomo que cante con eles creando a nova banda "Weezer". Moitos dos extras que aparecen como público son seareiros reais escollidos despois de participar nun casting.