Weezer, tamén coñecido coma The Green Album, é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativoWeezer, editado o 15 de maio do 2001 a través do selo Geffen Records. O álbum converteuse nun éxito comercial en todo o mundo, acadando o número catro na Billboard 200 e entrando nas listas de varios países.
Weezer foi a primeira edición da banda sen o baixista Matt Sharp, que deixou o grupo en 1998 para centrarse no seu propio proxecto, The Rentals. Sharp foi substituído por Mikey Welsh, sendo este o único álbum no que aparece con Weezer.