Saltar ao contido

Power pop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Power pop
Orixe musicalpop rock, rock and roll, beat music, rhythm and blues, garage rock
Orixe culturalanos 60 no Reino Unido e Estados Unidos
Instrumentos típicosbatería, guitarra eléctrica, teclados, baixo, sintetizadores
Derivadosbritpopindie poppop punknoise pop
Subxéneros
jangle popmod revival

O power pop é un subxénero da música rock e da música pop, que se caracteriza por utilizar no seu son melodías apegadizas e harmonías vocais similares ás do pop dos 60, combinadas con contundentes riffs de guitarras e unha enérxica sección rítmica. Os sós de guitarra non son moi habituais e os apaños das cancións adoitan ser mínimos.

Dende o seu nacemento, o Power pop pasou por varias etapas e foi influído por outros xéneros que en cada época estaban de actualidade. Así durante os 70 estivo influído polo Punk e a New wave, ou a partir de finais dos 80 polo Indie rock.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

A primeira vez que se utilizou o termo foi en 1967 por Pete Townshend, guitarrista dos Who, para definir a música do seu grupo, a cal cítase a miúdo como antecesora do Power pop xunto á doutros grupos da mesma época como The Beatles, The Byrds, The Beach Boys, The Hollies, The Zombies ou The Easybeats.

Os grupos iniciais

[editar | editar a fonte]

Considérase que o Power pop moderno xurdiu nos primeiros 70 cos discos do grupo Badfinger, banda que reinterpretaba o son inicial dos Beatles e que chegou a ser producida polo propio Paul McCartney e a gravar os seus primeiros discos no selo do grupo de Liverpool, Apple Records. Aínda que non obtiveron gran repercusión comercial, foron unha peza clave no desenvolvemento do xénero.[1]

A banda The Raspberries foi a primeira catalogada como Power pop na revista Rolling Stone. A súa música, coa que obtiveron un importante éxito nos Estados Unidos, combinaba o son dos grupos dos 60 con enérxicas guitarras eléctricas.[2]

Outro grupo esencial foi Big Star, quen tamén recuperaban a frescura do mellor pop da década anterior e converteríanse en grupo de culto, influíndo a multitude de bandas posteriores.[3] Outros artistas importantes durante este período foron Todd Rundgren, Blue Ash, Artful Dodger, The Records ou Dwight Twilley.

Todos estes grupos coincidían en recibir grande influencia das bandas da Invasión británica, algo que estaba considerado pasado de moda nunha época dominada pola exhibición do virtuosismo do Rock progresivo e o Hard rock ou polo soft rock de artistas como The Carpenters.

O éxito comercial

[editar | editar a fonte]

A finais dos 70 e comezos dos 80, o xénero viviu a súa época máis prolífica coincidindo co auxe do Punk e a New wave, cos que tiña moitas máis similitudes que cos xéneros anteriormente citados. Os grupos estadounidenses máis importantes nesta época foron Paul Collins Beat, Plimsouls, The Romantics, The Flamin´ Groovies, Cheap Trick ou The Knack, que obtiveron un enorme éxito en todo o mundo coa súa canción My Sharona.

Outros grupos tamén incluídos no Punk pop ou o Revival Mod como The Jam, Buzzcocks, The Undertones, Rezillos, The Rich Kids, PVC2, The Zones, The Vapors ou The Jags tamén poden cualificarse como Power pop. Do mesmo xeito que certos artistas New wave, como Nick Lowe, Elvis Costello & the Attactions, XTC, Squeeze, Joe Jackson, entre outros.

Power pop contemporáneo

[editar | editar a fonte]

A partir de finais dos 90, a nova xeración do Power pop tamén recibiu influencias de xéneros do Rock alternativo como o Noise pop ou o Grunge. Este era o caso de Teenage Fanclub, The Posies, Matthew Sweet, Redd Kross, Gigolo Aunts ou Fountains of Wayne. Outros grupos relacionados co xénero e que obtiveron un notable éxito durante os 90 foron Lemonheads e Weezer.

Entre os grupos en español pódense destacar a The homens, Insanity Wave, Los Protones, Landing Train, Happy Losers, The Nash, Los Hermanos Dalton e Octubre.

  1. Badfinger. Biografía, discografía e letras - Aloha PopRock
  2. Raspberries, The. Biografia, discografia e letras - Aloha PopRock
  3. Big Star. Biografía, discografia e letras - Aloha PopRock