Pat Wilson
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de febreiro de 1969 Buffalo, Estados Unidos de América |
| Educación | Instituto Clarence |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor musical, cantante, batería |
| Período de actividade | 1982 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock |
| Instrumento | Batería |
| Selo discográfico | Geffen Records |
| Familia | |
| Fillos | Ian Patrick Wilson |
Patrick George Wilson, nado en Buffalo (Nova York) o 1 de febreiro de 1969, é un músico estadounidense. É sobre todo coñecido por ser o batería da banda de rock alternativo Weezer. Tamén ten a súa propia banda, The Special Goodness, na que compón as cancións, canta e toca a meirande parte dos instrumentos, e da que tamén forma parte o batería de Offspring, Atom Willard. No ano 1984 Pat traballou e saíu de xira con Elton John.
Pat tamén tocou a batería no primeiro disco de The Rentals, Return of the Rentals, aínda que nunca tocou en directo con eles.
Antes de unirse a Weezer, el tocou na escena musical dos Ánxeles, formando parte de bandas como Bush (pero non o Bush de Gavin Rossdale), The Dum Dums e United Dirt. A primeira banda na que estivo con futuros membros de Weezer foi Sixty Wrong Sausages. En febreiro de 1992, Pat Wilson, Rivers Cuomo, Jason Cropper e Matt Sharp formaron Weezer.