Museo do Ferrocarril de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo do Ferrocarril de Galicia
Mikado Monforte.jpg
A locomotora Mikado, restaurada, é unha das pezas que se visitan no museo
País Flag of Galicia.svg Galicia
Cidade Monforte de Lemos
Tipo Ferrocarril
Administrador Fundación dos Ferrocarrís de Galicia
Director Luis Blanco
Inauguración 2007
Sitio Web Fundación F.F.C.C. Galicia

O Museo do Ferrocarril de Galicia está situado en Monforte de Lemos, provincia de Lugo.

Sitúase nas antigas instalacións ferroviarias que no seu día albergaron un dos máis importantes depósitos de tracción vapor do norte de España. Estas históricas instalacións dispoñen dunha nave circular cun deseño propio da arqueoloxía industrial de principios do século XX e unha praia con 40 vías que se enlazan a través dunha ponte xiratoria que se utiliza tamén para inverter a marcha da locomotora de vapor.

Material ferroviario emblemático do museo[editar | editar a fonte]

Locomotora de vapor "Mikado"[editar | editar a fonte]

De deseño inglés, foi construída en 1953 en Gran Bretaña pola factoría North British Locomotive Company de Glasgow, Escocia. Foi adquirida por RENFE para prestar servizo en todas as liñas españolas arrastrando trens de viaxeiros e mercancías ata o final da época do vapor, en 1975. Evitouse o seu despezamento ao asignarse, en 1980, ao Museo Nacional do Ferrocarril. En 1983 é reparada nos talleres cataláns de Caldensa para traccionar o tren turístico "Da fresa" que circula entre Madrid e Aranjuez.

A locomotora Mikado 141 F 2111 monta un bastidor con seis eixos, dous portadores e catro motores. Un eixo portador (bisel) na parte anterior, catro motores e outro na parte posterior. Dispón dun ténder axustado onde se sitúan os depósitos de auga e fuel. A máquina pesa 170 toneladas e desenvolve unha forza de tracción de dous mil cabalos. Alcanza unha velocidade máxima de 100 quilometros por hora arrastrando trens de 15 mil toneladas.

Locomotora Diesel-Eléctrica Alco, serie 1800[editar | editar a fonte]

A locomotora Alco 1812 (American Locomotive Company) foi construída por esta firma americana na súa factoría de Canadá, en 1954. Chegou a Galicia en 1958 e quedou asignada ao depósito de tracción de Monforte de Lemos. Desde Monforte destinouse a remolcar os trens expresos nas relacións León-Ponferrada-A Coruña e Ourense-Vigo-Santiago-A Coruña. Desde 1962, ata a súa retirada do servizo, arrastrou o popular tren "Xangai" Barcelona-Monforte-A Coruña. Deixou de prestar servizo en 1993.

A locomotora Alco 1812 monta un bastidor con dous Bogies e seis rodas de 1.016 mm. Dispón dun motor diésel de 1.800 cabalos que xera electricidade para os seus seis motores de tracción que desenvolven unha potencia de 1.105 Kw. O peso da locomotora é de 110 toneladas.

Coche salón ZZ1 (coche presidencial)[editar | editar a fonte]

O coche salón ZZ1 é un vagón con caixa de madeira construído en Beasaín en 1929 para o director da Compañía dos Ferrocarrís do Norte. Dispón dun salón, dormitorio con gabinete de traballo, aseo con ducha, cociña e compartimento de acompañantes. Está dotado con calefacción, aire acondicionado e teléfono.

Locomotora eléctrica 7722[editar | editar a fonte]

A locomotora eléctrica 7722, foi recupera­da polos alumnos do Obradoi­ro de Emprego "Galaico Expreso II" (2002-2003), os membros do taller traballaron un ano no seu arranxo, ao atoparse seriamente danadas diferentes partes da máquina.

As 75 locomotoras da serie 7700, foron compradas en Gran Bretaña, de aí a súa vén o cualificativo das "inglesas" e foron principalmente asignadas para prestar servizo, entre outros, nas empinadas ramplas de Pajares e Brañuelas polas liñas electrificadas de Xixón-León e León-Monforte de Lemos.

Só hai tres, RENFE comprara na década dos anos 50 do século pasado un total de 75 unidades, das que soamente quedan cinco. Tres, entre elas a que foi recuperada na cidade do Cabe, están operativas e outras dúas están moi danadas. O resto foron despezadas.

A 7722 pesa 120 toneladas e dispón de 3.000 cabalos de potencia. Os seus seis motores exercen unha forza de tracción de 13.800 kg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]