Castelo de Monforte de Lemos
| Castelo de Monforte de Lemos | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Monforte de Lemos | |||||
|
Instancia de
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |
O Castelo de Monforte de Lemos é un castelo situado no Monte de San Vicente, na cidade de Monforte de Lemos. As murallas, datadas entre os séculos XIII e XV, defendían a cidade. A muralla contaba cunha serie de torres defensivas e varias portas, das que tan só se conservan dúas, a Porta da Alcazaba ou da Pescadería (a máis antiga, datada no século XIII), e a Porta Nova (século XV).[1][2] O castelo sufriu importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña (1467-1469), logo da cal foi reconstruída.[1]
A estrutura mellor conservada da fortaleza é a torre da homenaxe, unha estrutura de 30 m de altura, 13 m de lado, e muros de 3 m de grosor. Nela celebrábanse as Cerimonias da Homenaxe, nas que se unía ao señor co seu vasalo, o que convertía a esta edificación no lugar máis importante do castelo. Na actualidade a torre da homenaxe encóntrase restaurada tanto no seu exterior como no interior, que é un museo.[1]

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Monforte Monumental". Concello de Monforte de Lemos. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Castillo de Monforte / Torre del homenaje / Torre de Moreda" (en castelán). castillosnet.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Monforte de Lemos |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "FORTALEZA DE MONFORTE, TORRE DA HOMENAXE". Turismo.gal. Xunta de Galicia.
