Ponte Vella de Monforte de Lemos
Ponte Vella de Monforte de Lemos | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | ponte en arco ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Monforte de Lemos ![]() | |||
Atravesa | Río Cabe ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A ponte Vella, tamén coñecida como ponte romana, é unha ponte que cruza o río Cabe no casco urbano de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición, as súas orixes remóntanse á época romano. A ponte actual foi construída por Pedro Rodríguez de Ramberde no século XVI[1] por orde de Catalina de la Cerda y Sandoval, VII Condesa de Lemos, viúva de Pedro Fernández de Castro y Andrade.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ponte de pedra granítica formado por seis arcos semicirculares, dous deles cubertos en reformas posteriores, e con alicerces apoiados sobre contrafortes. Nos arcos centrais pódense ler varias marcas do canteiro. O firme é de lastras e está aberto ao tráfico rodado nun único sentido da marcha, aínda que está en proxecto a súa peonalización.[2]
A ponte recibe o nome de “vello” en contraposición a outra ponte importante da cidade construída no século pasado e coñecida como Ponte Nova. Desde ela, pódese acceder aos paseos fluviais das ribeiras do Cabe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Restos dunha estrutura soterrada hai moitos anos" La Voz de Galicia, 1/11/2009.
- ↑ "Tomé comprométese a construír un novo viaduto sobre o Cabe". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2020.