Saltar ao contido

Mozart in the Jungle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mozart in the Jungle
XéneroComedia dramática
Tema de apertura"Lisztomania" de Phoenix (Francia)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios40
Produción
Duración26–30 minutos
DistribuidorAmazon
Emisión orixinal
Canle de orixeAmazon Video
Primeiro episodio6 de febreiro do 2014
Derradeiro episodio16 de febreiro do 2018
Na rede
https://www.amazon.com/dp/B00I3MQ88U/
IMDB: tt3502172 Allocine: 17046 Rottentomatoes: tv/mozart_in_the_jungle Metacritic: tv/mozart-in-the-jungle TV.com: shows/mozart-in-the-jungle
Facebook: mitjamazon Twitter: MITJAmazon Instagram: mitjamazon Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mozart in the Jungle é unha serie de televisión estadounidense desenvolvida por Roman Coppola, Jason Schwartzman, Alex Timbers e Paul Weitz para o servizo de vídeo baixo demanda Amazon Video.[1]

A historia está inspirada no libro de 2005 da oboísta Blair Tindall Mozart in the Jungle: Sex, Drugs, and Classical Music, no que narra as súas memorias como oboísta profesional en Nova York tocando coa New York Philharmonic e orquestras de espectáculos de Broadway shows.[2] Unha das personaxes principais é Rodrigo, encarnado por Gael García Bernal, unha personaxe baseada no director de orquestra Gustavo Dudamel,[3] xunto con Lola Kirke, Malcolm McDowell, Saffron Burrows, Hannah Dunne, Peter Vack, e Bernadette Peters.

O día 6 de abril de 2018 Amazon confirmou o final da serie logo da cuarta tempada estreada en febreiro dese mesmo ano.[4]

Elenco e personaxes

[editar | editar a fonte]

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
Lola Kirke e Gael García Bernal encarnan a Hailey Rutledge e Rodrigo de Souza, a principal parella protagonista da serie.
Nome Representado por Ocupación Tempadas
1 2 3 4
Hailey Rutledge Lola Kirke Talentosa oboísta que quere tocar na Orquestra Sinfónica de Nova York e que ao longo da serie establece un forte vínculo co director Rodrigo De Souza. Protagonista
Rodrigo De Souza Gael García Bernal O novo director da Orquestra Sinfónica de Nova York. Ao longo da serie establece un forte vínculo coa oboísta Hailey Rutledge. Protagonista
Gloria Windsor Bernadette Peters Presidenta da Orquestra Sinfónica de Nova York. Protagonista
Thomas Pembridge Malcolm McDowell O director emérito da Orquestra Sinfónica de Nova York. Protagonista
Cynthia Taylor Saffron Burrows Violonchelista da Orquestra Sinfónica de Nova York. Protagonista

Personaxes secundarios

[editar | editar a fonte]
Nome Representado por Ocupación
Elizabeth "Lizzie" Campbell Hannah Dunne Compañeira de piso e mellor amiga de Hailey Rutledge.
Alex Merriweather Peter Vack Bailarín, parella de Hailey durante as dúas primeiras tempadas.
Betty Cragdale Debra Monk Oboísta da Orquestra Sinfónica de Nova York dende hai moito tempo, que de inmediato despreza a Hailey.
Union Bob Mark Blum Frautista piccolo na orquestra e sindicalista que logo do peche patronal da orquestra compaxina o seu traballo na mesma co de condutor de Uber.
Sharon Jennifer Kim Primeira asistente de Rodrigo.
Warren Boyd Joel Bernstein Concertino da orquestra.
Anna Maria Nora Arnezeder Violinista e exmuller de Rodrigo.
Dee Dee John Miller Percusionista da orquestra que tamén subministra fármacos e drogas ao resto de integrantes.
Triangle Tanya Rubio Qian Percusionista da orquestra encargada de tocar o triángulo.
Edward Biben Brennan Brown Membro da xunta da orquestra.
Nina Robertson  Gretchen Mol Avogada dos músicos da orquestra durante a crise laboral que acaba namorándose de Cynthia.
Addison Makenzie Leigh Bailarina, compañeira de baile e de piso de Alex.
Claire Margaret Ladd Exmuller de Thomas que morre logo de escoitar a súa sinfonía completa.
Bradford Sharpe Jason Schwartzman Amante da música clásica e propietario do seu propio podcast, "B-Sharpe". Mantén durante algún tempo unha relación coa mellor amiga de Hailey, Lizzie Campbell.
Marlin Guggenheim John Hodgman Un presunto multimillonario namorado de Hailey.
Winslow Elliott Wallace Shawn Pianista concertista neurótico.
Manuel Tenoch Huerta Mejía Amigo da infancia de Rodrigo.
Andrew Walsh Dermot Mulroney Solista de violonchelo que confraterniza con Hailey.
Alessandra Monica Bellucci Unha soprano italiana que vive en Venecia. Alcumada "La fiamma", retirouse da música, aínda que Rodrigo a persuade para que volva cantar.
Ana María Martínez Voz de Alessandra ao cantar.
Pavel Sandro Isaack Membro do persoal da orquestra que mantén unha breve relación con Gloria.
Mike Margusa Philip Jackson Amigo de Hailey a quen ela recruta para traballar na orquestra.
Sebastian Christian Coulson Membro da orquestra de Andrew Walsh que posteriormente convértese en membro da orquestra de Hailey e trasládase ao piso desta.
Shawn Cole Escola Compañeiro de piso de Hailey e membro da súa orquestra que se acaba convertendo no mozo de Sebastian.
Mozart Santino Fontana Visión de Mozart coa que Rodrigo adoita falar na súa imaxinación.
Liberace David Turner Substitúe como visión de Rodrigo a Mozart durante un breve período de tempo.

A serie foi tamén coñecida por incluír cameos de destacadas personalidades da música clásica como Gustavo Dudamel, o pianista chinés Lang Lang, a compositora estadounidense Caroline Shaw, o violinista Joshua Bell,[5] ou o tenor español Plácido Domingo.[6]

O primeiro capítulo da segunda tempada, titulado "Stern Papa" contou coa presenza do director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel como membro do equipo técnico nun concerto que a Sinfónica de Nova York ofrece nos Ánxeles.[7] Tamén nesa mesma tempada, no cuarto episodio, titulado "Touché Maestro, Touché", aparecen o violinista estadounidense Joshua Bell, o pianista Emanuel Ax, e o tamén pianista chinés Lang Lang facendo deles mesmos.[8] Joshua Bell aparece novamente no episodio "Creative Solutions For Creative Lives", o noveno da terceira tempada, como reforzo para a orquestra que dirixe Hailey.[9]

O compositor estadounidense Nico Muhly aparece en "The Modern Piece",o segundo episodio da terceira tempada encarnándose a si mesmo.[10] No quinto episodio da terceira tempada aparece o tenor español Plácido Domingo interpretando un duetto con "La Fiamma", interpretada por Monica Bellucci,[11] que tamén aparece nos catro episodios anteriores encarnando á diva italiana ficticia.[12]

En "Significant Lover", o terceiro episodio da quinta tempada, aparece a compositora estadounidense Caroline Shaw encarnándose a si mesma.[13] Tamén na cuarta tempada, no noveno episodio ("I Want You To Think Of Me") a cantante rock Joan Jett interprétase a si mesma.[14]

TempadaEpisodiosEmisión orixinal
Primeiro episodioÚltimo episodio
1106 de febreiro de 201423 de decembro de 2014
21030 de decembro de 2015[15]30 de decembro de 2015[15]
3109 de decembro de 2016[16]9 de decembro de 2016[16]
41016 de febreiro de 2018[17]16 de febreiro de 2018[17]

Recepción

[editar | editar a fonte]

A primeira tempada da serie recibiu comentario positivos por parte da crítica. O agregador de recensións Rotten Tomatoes deulle á serie unha porcentaxe do 95%, 'fresh', baseado en 20 críticas, co consenso da crítica "Aínda que confinado ao mundo illado da música clásica, en Mozart in the Jungle Gael García Bernal fai cantar este pequeno e encantador espectáculo".[18] Metacritic puntuou a serie cun 73 sobre 100, indicando 'críticas xeralmente favorables'.[19] Cory Barker, escribindo para TV.com, eloxiou a serie: "O que funciona tan ben é que Mozart non ten medo de botarte nun mundo no que probablemente non esteas familiarizado, mais non chega tan lonxe no extremo profundo que inmediatamente te somerxes na xerga e apostas dramáticas distanciadas".[20] Robert Lloyd, para The Los Angeles Times, tamén eloxiou a primeira tempada, afirmando que "As personaxes que foron portavoces de actitudes comezan a parecer persoas, máis complicadas do que unha descrición en miniatura pode prover. Interésaste no que será delas sen agardar ou alentar ningún resultado particular".[21] Kory Grow, de Rolling Stone, tamén eloxiou a serie, escribindo que "grazas aos guións extravagantes e un elenco de actores intelixente... resulta fantástica sen soar fora de ton."[22]

Tim Goodman, de The Hollywood Reporter, tamén lle deu á primeira tempada unha crítica positiva. "Bernal é agradable e magnético, e fai que o maestro ecléctico apareza na pantalla. El só vale para transmitir a serie, mais, afortunadamente, hai moitas máis cousas nela".[23] Brian Lowry, escribiu para Variety, tamén gabando a serie: "Se ben Mozart é sen dúbida unha confección de nicho, o programa xeralmente brilla ao demostrar moito encanto mesmo cando non hai moitas risas".[24] Nunha crítica máis variada, Jeff Jensen de Entertainment Weekly deulle á serie un B-.

Se ben a crítica con mentalidade social eloxiou o pulo da serie pola equidade de xénero, a orquestra case totalmente integrada por persoas brancas e o elenco principal recibiron críticas de parte do NPR por ser pouco realista, dada a prevalencia de músicos do leste de Asia nas orquestras da vida real.[25]

Ano Premio Categoría Nomeadas/os Resultado Ref.
2015 Imagen Foundation Awards Mellor Actor - Televisión Gael García Bernal Gañador [26]
2016 Premios Globo de Ouro Mellor Serie de Televisión - Comedia Mozart in the Jungle Gañador [27]
Mellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou Comedia Gael Garcia Bernal Gañador
Premios Primetime Emmy Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation Thomas Varga, Andy D'Addario, Bill Higley, Chris Navarro (por "Nothing Resonates Like Rhinoceros Foreskin") Gañador [28]
Imagen Foundation Awards Best Actor - Television Gael García Bernal Gañador [29]
2017 Premios Globo de Ouro Mellor Serie de Televisión - Comedia Mozart in the Jungle Nomeado [30]
Mellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou Comedia Gael Garcia Bernal Nomeado
Premios Primetime Emmy Outstanding Cinematography for a Single-Camera Series (Half-Hour) Tobias Datum (por "Now I Will Sing") Nomeado [31]
Outstanding Production Design for a Narrative Program (Half-Hour or Less) Tommaso Ortino, Susanna Codognato, Letizia Santucci (por "Now I Will Sing") Nomeado
Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation Andy D'Addario, Gary Gegan, Marco Fiumara (por "Now I Will Sing") Gañador
  1. Gans, Andrew (12 de marzo de 2014). "Amazon Studios Picks Up "Mozart in the Jungle" Pilot Starring Bernadette Peters". playbill.com (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  2. Burton, Louise (11 de decembro de 2013). "Amazon’s TV Pilot ‘Mozart in the Jungle,’ with Joshua Bell and Malcolm McDowell, Is a Tale of Sex, Drugs and…Classical Music?" (en inglés). Classicalite. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  3. Ramey, Corinne (6 de decembro de 2013). "Amazon Studios' 'Mozart in the Jungle' Offers New View of Music World". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  4. Littleton, Cynthia (6 de abril de 2018). "‘Mozart in the Jungle’ Canceled After Four Seasons at Amazon". Variety.com (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  5. "Amazon cancela "Mozart in the Jungle", protagonizada por Gael García Bernal". La Vanguardia (en castelán). 7 de abril de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  6. Cooper, Michael (24 de xullo de 2016). "Ni siquiera Plácido Domingo puede decirle que no a ‘Mozart in the Jungle’". The New York Times (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  7. "Stern Papa (2015). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  8. "Touché Maestro, Touché (2015). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  9. "Creative Solutions For Creative Lives (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  10. "The Modern Piece (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  11. "Now I Will Sing (2016). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 22 de xullo de 2019. 
  12. "Monica Bellucci" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  13. "Significant Lovera (2018). Full Cast & Crew" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  14. "I Want You To Think Of Me" (en inglés). imdb.com. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  15. 15,0 15,1 Gambino, Joe (30 de decembro de 2015). "Second Season of "Mozart in the Jungle," Starring Bernadette Peters, Arrives Today". playbill.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  16. 16,0 16,1 Butler, Karen (7 de agosto de 2016). "'Mozart in the Jungle' to kick off Season 3 on Dec. 9". upi.com (en inglés). Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  17. 17,0 17,1 Butler, Karen (12 de decembro de 2017). "Amazon anuncia el regreso de 'Mozart in the jungle' con el tráiler de la temporada 4". espinof.com (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  18. "Mozart in the Jungle: Season 1" (en inglés). Rotten Tomatoes. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  19. "Mozart in the Jungle - Season 1" (en inglés). Metacritic. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  20. Barker, Cory (6 de xaneiro de 2015). "4 Reasons Why You Should Binge-Watch Amazon's Mozart in the Jungle This Week" (en inglés). TV.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  21. Lloyd, Robert (23 de decembro de 2014). "Review 'Mozart in the Jungle' on Amazon gets good after woeful pilot" (en inglés). Los Angeles Times. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  22. Grow, Kory (22 de decembro de 2014). "Bittersweet Symphony: Inside the Sex and Drugs of 'Mozart in the Jungle'" (en inglés). Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  23. Goodman, Tim (23 de decembro de 2014). "'Mozart In the Jungle': TV Review" (en inglés). The Hollywood Reporter. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  24. Lowry, Brian (17 de decembro de 2014). "TV Review: Amazon’s ‘Mozart in the Jungle’" (en inglés). Variety. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  25. Huizenga, Tom; Tsioulcas, Anastasia (15 de xaneiro de 2015). "What We Love And Hate About 'Mozart In The Jungle'" (en inglés). NPR. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  26. "2015 Imagen Awards Winners, Honorees & Nominees" (en inglés). The Imagen Foundation. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  27. "Winners & Nominees 2016" (en inglés). Hollywood Foreign Press Association. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  28. "68th Emmy Awards Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  29. "Winners of 31st Annual Imagen Awards Announced" (en inglés). The Imagen Foundation. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  30. "Winners & Nominees 2017" (en inglés). Hollywood Foreign Press Association. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2019. 
  31. "69th Emmy Awards Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 13 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]