Morrigu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Morrigu | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Venerado por
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
| Series de |
| Mitoloxía celta |
|---|
| Mitoloxía gaélica |
| Mitoloxía britónica |
| Relixión |
| Festivais |
Morrigu, tamén coñecida coma Morrigan, é a deusa celta da morte e da destrución. O seu nome semella significar "Grande Raíña" ou "Raíña das Pantasmas". Morrigu tamén pode traducirse ou aparecer escrito coma Carrie ou Carrigan.
Características
[editar | editar a fonte]Adoita representarse cunha coiraza e armas. Morrigu está presente en tódalas guerras, tomando a forma dun corvo. O seu papel na guerra é o de infundir nos guerreiros a forza (e a cólera) para lidar.
Morrigu é a deusa da guerra e, polo mesmo xeito, do pasamento. Porén, tamén representaaá renovación, a morte que dá luz a unha nova vida, o amor e o desexo sexual. A vida e o óbito ou pasamento, están moi unidas no mundo celta.
Morrigu é doncela, nai e anciá. Formaba unha trindade canda a Badb e Macha, aínda que nalgunhas fontes é descrita coma unha deusa tripla, canda Bodbh e Macha coma outras manifestacións de Morrigu.
Esta deusa pertence ós Tuatha Dé Danann, os seres máxicos que habitaron Irlanda antes cós irlandeses actuais.