Moráceas
| Moráceas | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Figueira (Ficus carica). | |||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
| Tribus | |||||||||||
|
Ver texto | |||||||||||
As Moráceas (Moraceae) son unha familia da orde Rosales. Poden ser árbores ou arbustos, ter a follas caedizas ou perennes, e raramente son herbas (Dortenia, Cannabis, Humulus), monoicas ou dioicas. O zume posúe unha substancia chamada látex. Follas simples dentadas e ás veces de bordo lobado, alternadas e opostas; con estípulas caedizas. Flores miúdas, unisexuais, monoclamídeas, frecuentemente tetrámeras; cáliz con 4 - 6 sépalos; androceo co mesmo número de estames que pezas teña o cáliz; xineceos súperos (Arthocarpus) a ínferos (Castilloa), bicarpelar sincárpico, adoita abortar un, mais fican os dous estilos; reunidas en inflorescencias cimosas. Froitos en núculas aquenios, drupáceos ou que a miúdo constitúen pseudocarpos ou infrutescencias (tales coma o sicono e a sorose).
En total existen unhas 2.500 especies e de 50 a 55 xéneros divididos en cinco tribos, tropicais na súa maioría e moitas con grande importancia económica.
Xéneros
[editar | editar a fonte]- Tribo Artocarpeae
- Tribo Castilleae
- Tribo Dorstenieae
- Tribo Ficeae
- Tribo Moreae
- Craterogyne
- Cudrania
- Metatrophis
- Olmedia
- Olmediopsis
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moráceas |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Moráceas |