Sorose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O ananás é un froito tipo sorose. Na imaxe pode ollarse un ananás en vista superficial e en corte lonxitudinal.
Inflorescencia do ananás Ananas comosus, cada unha das flores desenvolverá unha baga, as que, soldadas entre si e dispostas sobre o eixo carnoso da inflorescencia, formará a sorose.

En botánica, sorose[1] (do grego "sorós", fato) é un froito composto, carnoso, derivado dunha inflorescencia, como a amora da moreira ou o ananás.

Neste tipo de froito todas as flores da inflorescencia participan no desenvolvemento dunha estrutura que semella un só froito mais que en realidade está formada por moitos froitiños. En ocasións participan no seu desenvolvemento outras partes da flor ou incluso o mesmo eixo da inflorescencia.

Nas moreiras (Morus) todas as flores da inflorescencia contribúen ao froito, porén a parte carnosa corresponde ás pezas do periantio que se tornan carnosas, constituíndo o conxunto unha unidade ou infrutescencia chamado vulgarmente amora, mais tecnicamente denominado sorose. No caso do ananás (Ananas) fórmase unha estrutura que resulta da concrescencia ou soldadura de todas as bagas que producen as flores da inflorescencia. A parte central da mesma é o eixo da inflorescencia que se volve carnoso, e a parte que se come leva os pistilos desenvolvidos e as bases fusionadas das flores.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar en galego en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. García Breijo, F.J. Frutos compuestos. Botánica. Universidad Politécnica de Valencia. Consultado o 10 de xaneiro de 2010
  3. González, A.M. "Frutos colectivos y politalámicos". Morfología de Plantas Vasculares. Argentina: Universidad Nacional del Nordeste. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2010. Consultado o 10 de febreiro de 2010.