Montserrat Abelló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montserrat Abelló i Soler
MAbelló.JPG
Nome completoMontserrat Abelló i Soler
Nacemento1 de febreiro de 1918
 Tarragona Cataluña Cataluña
Falecemento9 de setembro de 2014 (96 anos)
 Barcelona Cataluña Cataluña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEscritora
CónxuxeJoan Bofill i Tauler
XénerosPoesía, tradución
PremiosPremio Crítica Serra d'Or de Literatura e Ensaio (1999)
Premio Lletra d'Or (2003)
Premio de Honra das Letras Catalás (2008)
Premio Jaume Fuster (2008)
editar datos en Wikidata ]

Montserrat Abelló i Soler, nada en Tarragona o 1 de febreiro de 1918 e finada en Barcelona o 9 de setembro de 2014,[1][2] foi unha poeta e tradutora catalá. Traduciu poetas anglosaxoas como Sylvia Plath.[3] Obtivo algún dos galardóns máis relevantes das letras catalás como o Premio de Honra das Letras Catalás e o Premio Nacional de Cultura.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Tarragona mais pasou a infancia e a mocidade entre varios lugares (Tarragona, Cádiz, Londres e Cartaxena), seguindo a mobilidade laboral do seu pai. Estudou en Barcelona, en cuxa facultade de Filosofía e Letras coñeceu a Carles Riba. En 1936 foi profesora de inglés en Valencia e o movemento na súa vida aumentou despois de 1939, cando tivo que se exiliar a Francia, ao Reino Unido (onde levou a termo tarefas de axuda aos refuxiados) e a Chile, onde traballou na empresa de seu pai en Valparaíso e, posteriormente, como profesora de inglés na Escola Suíza de Santiago de Chile.[4] Neste país suramericano viviu unha vintena de anos.

Volveu a Barcelona en 1960, onde traballou como ensinante na Institució Cultural del CIC de Barcelona ata a xubilación.[4] Ademais de escribir, nestes anos traduciu autores como Agatha Christie, Iris Murdoch, E. M. Forster e, sobre todo, Sylvia Plath, de cuxa poesía a sorprendeu a semellanza coa súa propia. Comezou a publicar tamén por aqueles anos. Traduciu ao inglés as obras de clásicos cataláns como Salvador Espriu, Mercè Rodoreda, Maria Àngels Anglada, Maria Mercè Marçal e Olga Xirinacs. A súa obra foi traducida ao inglés, ao castelán, ao galego, ao éuscaro, ao italiano, ao romanés, ao alemán e mais ao ruso.[5] É coautora da antoloxía Paisatge emergent: trenta poetes catalanes del segle XX (1999). Participou nos libros de ensaio Cartografies del desig (Cartografías do desexo) (1998) e Memòria de l'aigua (Memoria da auga) (1999).[5]

Autora dunha longa traxectoria de compromiso co feminismo literario, colaborou na IV Feira Internacional do Libro Feminista en 1990, no Congreso do PEN Clube Internacional 1992 e foi unha das fundadoras do Comité de Escritoras do Centro Catalán do PEN en 1995.[5]

En 1998 concedéuselle a Premio Creu de Sant Jordi e en 2008 recibiu o Premio de Honra das Letras Catalás en recoñecemento á súa longa traxectoria.[6] En xullo do 2008 tamén foi galardoada co Premi Nacional a la Trajectòria Professional i Artística concedido pola Generalitat de Cataluña en recoñecemento ao feito de «que deu voz á vida diaria das mulleres cuha linguaxe propia».[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Vida diària (1963)
  • Vida diària. Paraules no dites (1963)
  • El blat del temps (1986)
  • Foc a les mans (1990)
  • L'arrel de l'aigua (1995)
  • Són màscares que m'emprovo... (1995)
  • Dins l'esfera del temps (1998)
  • Al cor de les paraules. Obra poètica 1963-2002 (2002)
  • Asseguda escrivint (2004)
  • Memòria de tu i de mi (2006)
  • El fred íntim del silenci (2009)

Estudos literarios[editar | editar a fonte]

  • Cares a la finestra: 20 dones poetes de parla anglesa del segle XX (1993)
  • Paisatge emergent: trenta poetes catalanes del segle XX (1993)

Galardóns[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. ara.cat, ed. (09/09/2014). "Mor als 96 anys la poeta Montserrat Abelló". Consultado o 9 setembre 2014. 
  2. 324.cat (ed.). "Mor la poetessa Montserrat Abelló als 96 anys". Consultado o 9 setembre 2014. 
  3. Generalitat de Catalunya (ed.). "Dones-Poetes". Consultado o 21 outubro 2013. 
  4. 4,0 4,1 «Montserrat Abelló i Soler». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. (en catalán)
  5. 5,0 5,1 5,2 «Montserrat Abelló i Soler» no Qui és Qui de les Lletres Catalanes. (en catalán)
  6. www.e-noticies.cat (ed.). "Premi d'Honor als 90 anys". Consultado o 18-06-2008. 
  7. "Montserrat Abelló i Moisès Broggi, Premis Nacionals a la Trajectòria Professional i Artística". VilaWeb. 21 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. (en catalán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. «Montserrat Abelló i Soler». Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC) (en catalán, castelán e inglés)
  2. Montserrat Abelló i Soler a LletrA (en catalán, castelán e inglés)
  3. Montserrat Abelló a VISAT(en catalán e inglés)
  4. Montserrat Abelló [podcast]. TV3 a la carta. Programa S(avis). Entrevista realizada por Sílvia Cóppulo no Ateneu barcelonès (14 de decembro de 2009). [Consulta: 17 de setembro de 2014] (en catalán).