Mitílidos (orde)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mitílidos (orde)
Mytilida
As dúas valvas dun mexillón Mytilus galloprovincialis
As dúas valvas dun mexillón Mytilus galloprovincialis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Pteriomorphia
Orde: Mytilida
Férussac, 1822
Superfamilias e Familias
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos mitílidos (Mytilida) é unha orde de moluscos bivalvos da subclase dos pteriomorfios.[1] Comprende varias especies mariñas vulgarmente coñecidas como mexillóns.[2]

A orde está formada tan só por unha superfamilia hoxe existente, a dos mitiloideos (Mytiloidea), cunha soa familia con especies viventes, a dos mitílidos (Mytilidae).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1822 polo naturalista francés André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac.[1]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a orde coñeceuse tamén, durante moitos anos, co sinónimo:[3]

  • Mytiloida

Clasificación[editar | editar a fonte]

Desde 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Mytilida Férussac, 1822.[4] coa seguinte clasificación:

Características[editar | editar a fonte]

Os mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por:

  • Teren unha cuncha bivalva ( é dicir, constituída por dúas valvas) que permite a protección das partes brandas.
  • O seu manto está moi desenvolvido (formado pola epiderme e a derme) e está constituído por dúas capas paleais que envolven todo o Corpo (anatomía)corpo.
  • Unha cavidade paleal delimitada polo manto.
  • Dous músculos adutores que permiten o peche das valvas (o músculo adutor posterior está máis desdenvolvido que o músculo adutor anterior).
  • Branquias que se bañan na cavidade paleal, en forma de láminas (de aí o nome de lamelibranquios).
  • Un biso (paquete de filamentos de proteínas) para unírense ao substrato, producido por unha glándula bisoxénica sitguada baixo o .
  • A regresión dos órganos sensoriais na rexión anterior, polo que non hai unha cabeza claramente diferenciada: os mexillóns son acéfalos.

Importacia económica[editar | editar a fonte]

Tres especies de mexillóns explótanse comercialmente dada a súa importancia económica, xa que son unha imporatantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e moi aprezados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).

Estas tres especies son:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
  • Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics '28 (1): 32-115.

Outros artigos[editar | editar a fonte]