Milán-Sanremo
Nome oficial | Milan-San Remo (1907–) |
---|---|
Tipo | carreira dun día |
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Parte de | Monumentos do ciclismo, Spring classics (en) e UCI WorldTour |
Localización e Datas | |
País | Italia |
Vixencia | 1907 – |
Calendario da tempada | marzo – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | milanosanremo.it |
A Milán-Sanremo (en italiano Milano-Sanremo) é unha carreira ciclista anual que ten lugar entre as cidades italianas de Milán e Sanremo. Na actualidade, é a carreira dun só día (clásica) ciclista máis longa cos seus 294 km. A primeira edición tivo lugar en 1907. É unha das cinco clásicas que se catalogan como Monumentos do ciclismo
O seu percorrido está especialmente adaptado ós sprinters. Nisto contrástase co Giro da Lombardía, centrado nos escaladores. Ten lugar durante a primavera.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Nun principio, a maior dificultade do percorrido era o Passo del Turchino, pero coa mellora das bicicletas e dos ciclistas agora está demasiado lonxe da meta para facer diferenzas. Isto levou á introdución, nos anos 60-80, de dous novos portos de montaña: o Poggio e o Cipressa. Aínda así, a carreira adoita rematar nun sprint.
O ciclista con máis vitorias desta clásica no seu haber é Eddy Merckx (7). Ó situarse tan preto do principio da temporada ciclista, a Milán-Sanremo supón unha proba para ver o nivel de forza dos corredores máis rápidos, que son os que adoitan obter a vitoria (aínda que houbo notables excepcións).