Miguel Castells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Castells
Nacemento26 de agosto de 1931
 Busturia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
IrmánsMaría Teresa Castells
editar datos en Wikidata ]

Miguel Castells Arteche, tamén Miguel Castells Artetxe, nado en Busturia, Biscaia, en 1931, é un avogado e político vasco, pertencente á denominada esquerda abertzale.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miguel Castells Arteche é fillo de Miguel Castells Andriaensens, notario valenciano, e de María Isabel Arteche.[1] Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid, onde se licenciou en 1953. Destacou no seu defensa de activistas vascos e especialmente no Proceso de Burgos (1970), no que foi o avogado de Mario Onaindia. Tamén actuou como avogado defensor de Vladimiro Fernández Tovar, no Consello de Guerra do Goloso (Madrid), en 1975, contra cinco militantes do FRAP aos que se pedía pena de morte, dos cales foi fusilado Xosé Humberto Baena Alonso.

Militante de Herri Batasuna, nas eleccións xerais de 1979 foi escollido senador por Biscaia, e nas eleccións ao Parlamento Vasco de 1980 resultou elixido deputado.

Participou nos incidentes da Casa de Xuntas de Guernica de 1981 e foi procesado por inxurias ao rei xunto con Jokin Gorostidi, Iñaki Ruiz de Pinedo, Txomin Ziluaga,[2] José Luís Cereceda, Jon Idígoras, Santiago Brouard, José Ramón Echevarría, Andoni Ibarguren e Severino Rodríguez de Yurre. O 31 de outubro de 1983 foi condenado polo Tribunal Supremo a un ano de prisión e inhabilitación por inxurias por mor dun artigo publicado en Punto e Hora de Euskal Herria en xuño de 1979 onde afirmaba que os asasinatos de Germán Rodríguez en Pamplona (durante os Sanfermines de 1978) e Joseba Barandiaran en Donostia (durante as protestas polos sucesos de Pamplona) quedaran impunes. O Tribunal Constitucional ratificou a sentenza en 1985. O 23 de abril de 1992 o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos considerou que coa sentenza vulnerouse o dereito á liberdade de expresión de Castells.[3]

Familia[editar | editar a fonte]

É cuñado de José Ramón Recalde, político do PSE-EE, conselleiro do Goberno Vasco entre 1988 e 1995 e sobrevivente dun intento de asasinato por parte de ETA en 2000.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El mejor defensor, el pueblo (1978)
  • Radiografía de un modelo represivo (1982)
  • ¿Proceso al jurado?: conversaciones con Miguel Castells (1997) con Eva Forest.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Necrológicas: Miguel Castells, notario". 
  2. Batista, Antoni (setembro de 2010). "Testigos de torturados". Sàpiens (Barcelona) (95): 51. ISSN 1695-2014. 
  3. TEDH: Case of Castells v. Spain

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]