Eva Forest
Eva Forest | |
---|---|
Nome completo | Genoveva Forest Tarrat |
Nacemento | 6 de abril de 1928 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 19 de maio de 2007 |
Lugar de falecemento | Hondarribia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | editora literaria, médica escritora e política |
Cónxuxe | Alfonso Sastre |
Fillos | Juan, Pablo e Eva |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Genoveva Forest i Tarrat, máis coñecida como Eva Forest, nada en Barcelona en 1928 e finada en Hondarribia (Guipúscoa) o 19 de maio de 2007, foi unha novelista, ensaísta e escritora de contos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia anarquista barcelonesa, e trasladouse en 1948 a Madrid para estudar medicina. Casou en 1956 co dramaturgo Alfonso Sastre, co que tivo tres fillos. Coñecida polas súas obras de denuncia e a súa proximidade ó mundo proetarra, dedicou a súa vida desde moi nova á defensa dos Dereitos Humanos, á loita feminista, e contra a tortura, motivos polos que estivo presa en máis dunha ocasión. Pasou case tres anos en prisión preventiva, no cárcere de Yeserías, como autora intelectual do atentado que ETA cometeu contra o almirante Carrero Blanco[1] estando en prisión ata a amnistía xeral de 1977.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaios[editar | editar a fonte]
- Operación Ogro, Hendaya, Ruedo Ibérico, 1974.
- Diario y cartas desde la cárcel, París, 1975.
- Testimonios de lucha y resistencia, París, 1976.
- Tortura y sociedad, (coatura) Madrid, Ed. Revolución, 1982.
- Onintze en el país de la democracia, Madrid, Ediciones Libertarias, 1985.
- Tortura y Democracia, GGAA, 1987.
- Dispersión, Hondarribia, Editorial Hiru, 1993
- Proceso al jurado, Hondarribia, Ed. Hiru, 1997.
- Los nuevos cubanos, 1997, inédito
- Manual de solidarios, Hondarribia, Ed. Hiru, 1999.
- Irak, ¿un desafío al nuevo orden mundial?, Hondarribia, Ed. Hiru, 1999.
- El uranio empobrecido, (coautora), Hondarribia, Ed. Hiru, 2001.
- El retorno de los intelectuales (coautora), Hondarribia, Ed. Hiru, 2004
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Febrero. Inédita, 1956.
- Huelga General. Inédita, 1958.
- Cuentos. Inédita.
- El jardín. Inédita.
- La casa. Inédita.
- Una extraña aventura, Hondarribia, Ed. Hiru, 2003.