Jon Idigoras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1936 Amorebieta-Etxano, España |
Morte | 3 de xuño de 2005 (69 anos) Bilbao, España |
Causa da morte | Enfisema pulmonar |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
28 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
20 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
22 de marzo de 1984 – 9 de xullo de 1986 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
31 de marzo de 1980 – 19 de xaneiro de 1984 Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento Vasco na primeira lexislatura | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Herri Batasuna |
Membro de | |
Jon Idigoras Gerrikabeitia, nado en Amorebieta, Biscaia, o 3 de maio de 1936 e finado en Deusto, Bilbao, en 2005, foi un sindicalista e político vasco e dirixente histórico da coalición Herri Batasuna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a traballar como obreiro metalúrxico aos 14 anos na factoría de IZAR de Zornotza. Afeccionado aos touros dende mozo, Idigoras chegou a tourear nalgunhas prazas vascas, e no mundo taurino chegóuselle a coñecer como Chiquito de Amorebieta, Chiquito de Eibar ou Morenito del Alto.[Cómpre referencia] Comezou como subalterno na cuadrilla do Duque de Boroa. En 1976 foi un dos fundadores do sindicato abertzale Langile Abertzaleen Batzordeak. Estivo na cadea durante a ditadura de Franco e posteriormente exiliouse.
En 1978 iniciou a súa actividade política pública en Altsasu (Navarra) como fundador de Herri Batasuna.[Cómpre referencia] Foi integrante da Mesa Nacional da formación entre 1978 e 1995 e portavoz desta coalición. Como voceiro da esquerda independentista radical na década dos 80 foi denunciado en numerosas ocasións polas súas declaracións, concretamente ante o Tribunal Supremo que chegou a tramitar até catro procesos ao mesmo tempo contra el.[Cómpre referencia] Tamén pasou por moitos xulgados a declarar sobre a súa relación con Euskadi Ta Askatasuna. En tódolos casos saíu absolto.
O 20 de novembro de 1989 foi testemuña do atentado perpetrado en Madrid por asasinos a soldo de ultradereita española contra dos deputados de Herri Batasuna no Congreso, no que foi asasinado Josu Muguruza e ferido moi grave Iñaki Esnaola. Idigoras saíu ileso porque a arma que lle apuntaba encalouse.[Cómpre referencia] Foi á cadea xunto ao resto de membros da Mesa Nacional de HB, por orde do maxistrado da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, acusado de colaboración con ETA. Saíu en liberdade provisional, a causa da doenza que padecía.
En 1999 publicou as súas memorias: El hijo de Juanita Gerrikabeitia (Editorial Txalaparta). Nos seus últimos anos, a gravidade do seu estado de saúde fixo que pasase a ser considerado como un histórico dos sucesivos partidos arredor dos cales vai agruparse a esquerda abertzale. A súa presenza viuse limitada a aparecer en manifestacións, artigos en xornais afíns e algunhas roldas de prensa, especialmente logo da ilegalización de Batasuna. A súa derradeira comparecencia importante foi a intervención que realizou no mitin que Batasuna celebrou no velódromo de Anoeta (Donostia) o 14 de novembro de 2004, no cal fíxose pública a Proposta de Anoeta.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Idigoras atribuía a súa doenza á gran cantidade de cigarros que fumara durante anos, hábito polo cal se vai arrepentir na súa última época. Jon Idigoras morreu a causa dunha doenza pulmonar crónica ás once e media do 3 de xuño de 2005 na Clínica San Sebastián de Deusto (Bilbao). A súa capela ardente foi instalada no salón de actos da Casa do Concello de Amorebieta grazas a un acordo do goberno municipal (coalición Partido Nacionalista Vasco-Eusko Alkartasuna).
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |