Microchirus theophila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Microchirus theophila
Acedía xudía

Larva de Microchirus theophila
nos seus primeiros estadios de desenvolvemento
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Microchirus
Especie: M. theophila
Nome binomial
Microchirus theophila
(Risso, 1810)

Microchirus theophila, (Risso, 1810) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como acedía xudía.[2]

Trátase dun pequeno linguado (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos do Atlántico oriental, especialmente en augas de Mauritania e as illas Canarias, estendéndose polo norte até Portugal e o suroeste da Gran Bretaña.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, baixo o nome de Pleuronectes theophilus.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Risso e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes:[1]

  • Solea angulosa Kaup, 1858
  • Solea stephanica Chabanaud, 1926
  • Solea theophila (Risso, 1810)
  • Zevaia theophila (Risso, 1810)

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome específico, theophila, é a forma latinizada do adxectivo do grego antigo θεοφιλής theophilés, "amado dos deuses", e tamén "fermoso".

Características[editar | editar a fonte]

É moi semellante, na forma e coloración do corpo, ao linguado común do que se diferencia, ademais de polo seu menor tamaño, polas súas pequenas aletas pectorais, das que, a do lado oculado, presenta unha mencha escura na súa porción distal.[4]

O seu tamaño máximo é de 46 cm.[5]

Hábitat, distribución e biuoloxía[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos areosos e lamacentos, de 40 a 380 m de profundidade,[5] entre os 52° N E os 18° N, no Atlántico centro-oriental, en augas de Mauritania e as illas Canarias, estendéndose polo norte até Portugal e o suroeste da Gran Bretaña.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

Microchirus theophila é obxecto de pesca nas zonas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Microchirus theophila (Risso, 1810) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
  3. 3,0 3,1 Microchirus theophila (Risso, 1810) na FishBase.
  4. Microchirus theophila Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
  5. 5,0 5,1 Desoutter, M. (1990).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.</ref>
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]