Michael Collins (astronauta)
Michael Collins (astronauta) | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 31 de outubro de 1930 |
Lugar | Roma |
Falecemento | 28 de abril de 2021 |
Cónxuxe | Patricia Finnegan |
Actividade | |
Misións | Gemini 10 e Apollo 11 |
Tempo no espazo | 11,09 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, Orden da Cultura, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Washington State Book Award, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Nacional Aviación Hall of Fame, Grande Médaille d'Or des Explorations, Medalha de Ouro Langley, Medalha Geográfica Cullum, United States Astronaut Hall of Fame, Hubbard Medal, Medalha de Serviço Distinto da NASA, star on Hollywood Walk of Fame e International Space Hall of Fame |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Michael Collins, nado en Roma o 31 de outubro de 1930 e finado en Marco Island, Florida, o 28 de abril de 2021, foi un astronauta norteamericano.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Collins estudou na escola Saint Albans en Washington, D.C., e no ano 1952 graduouse en ciencias na academia militar de West Point. Traballou como piloto de probas no Centro de Voos de Proba da Forza Aérea na Base Edwards da Forza Aérea, acumulando 5000 horas de voo. Collins formou parte do terceiro grupo de astronautas seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Foi astronauta substituto para a misión Gemini 7 e foi piloto na misión Gemini 10 en 1966. Foi piloto do módulo de mando da misión Apollo 11 en 1969. Deixou a NASA en xaneiro de 1970, pasando a traballar como director do Museo Nacional do Aire e do Espazo en Washington.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Collins, Michael" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (setembro de 2015). "MICHAEL COLLINS (MGEN, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Collins ![]() |