Jay Ajayi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jay Ajayi
No. 26 Philadelphia Eagles
Posición:Running back
Información persoal
Nacemento:15 de xuño de 1993 (30 anos)
Lugar:Reino Unido Londres, Reino Unido
Altura:6 ft 0 in (1,83 m)
Peso:229 lb (104 kg)
Información da carreira
Instituto:Frisco (TX) Liberty
Universidade:Boise State
NFL Draft:2015 / Rolda: 5 / Pick: 149
Historial de equipos
Premios e galardóns
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

Jay Ajayi, nado o 15 de xuño de 1993 en Londres, Reino Unido, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de running back para os Philadelphia Eagles da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Boise State, foi elixido no Draft da NFL de 2015 no posto número 149 polos Miami Dolphins. No ano 2017 foi seleccionado por primeira vez para o Pro Bowl.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Londres, Reino Unido, de pais nixerianos, mudouse no ano 2000 a Maryland, Estados Unidos, momento no que tiña sete anos.[2][3] Posteriromente, mudáronse a Texas, onde acudiu ao Instituto Frisco. Alí xogou ao fútbol americano, onde como sénior correu 2.240 iardas e fixo 35 touchdowns. Tamén formou parte do equipo track & field do equipo campión do distrito como membro dos 4 x 400 m (3:21.75), 4 × 200 m (1:29.44) e 4 × 100 m (42.86).[4] Tras acabar o instituto acudiu á Universidade de Boise State, onde en tres anos correu 3.796 iardas e fixo 55 touchdowns.

Estatísticas universitarias
Correndo Recibindo
Year Team Att Yds Avg Lng TD Rec Yds TD
2012 Boise State 82 548 6,7 71 4 1 14 0
2013 Boise State 249 1.425 5,7 71 18 22 222 1
2014 Boise State 347 1.823 5,3 74 28 50 535 4
Total 678 3.796 5,6 74 50 73 771 5

Tras a súa etapa universitaria, Ajayi foi escollido polos Miami Dolphins na quinta rolda do Draft da NFL de 2015, sendo o seu posto global o 149. O 7 de maio dese mesmo ano, o equipo de Florida ofrécelle un contrato de catro anos por 2,50 millóns de dólares, incluíndo unha bonificación pola sinatura de 220.813. Na temporada 2016 axuda ao seu equipo a disputar os Playoffs, aínda que acaban por perder ante os Pittsburgh Steelers na rolda wildcard. Tras acabar a temporada foi escollido para a Pro Bowl como membro do equipo a AFC.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Pro Bowl (1): 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NFL announces 2017 Pro Bowl rosters". NFL.com (en inglés). 25-01-2017. 
  2. "Boise State commit, Frisco Liberty's Jay Ajayi is 'the real deal'". dallasnews.com. 
  3. "Boise, Meridian, Nampa, Caldwell news by Idaho Statesman". idahostatesman.com. 
  4. "Jay Ajayi". trackingfootball.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]