Mercury-Atlas 8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercury MA-8
MA-8 liftoff S62-06006.jpg
Lanzamento da cápsula Sigma 7 na misión Mercury-Atlas 8.
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 3 de outubro de 1962, 12:15 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Atlas LV-3B[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa 14[2]
Duración da misión 9 horas, 13 minutos e 11 segundos[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada, terceira misión orbital tripulada dos Estados Unidos.[2]
Decaemento 3 de outubro de 1962[1]
NSSDC ID 1962-052A
Masa 1370,0 kg[6][2]

Mercury-Atlas 8 ou MA-8, e tamén coñecida como Sigma 7 polo nome da cápsula, foi a terceira misión orbital tripulada do proxecto Mercury co astronauta Walter M. Schirra Jr. a bordo.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Os obxectivos de MA-8 foron similares ós das misións MA-6 e MA-8: avaliar o rendemento do sistema home-nave nunha misión cunha duración de tres órbitas, estudar os efectos do voo espacial no astronauta e obter as impresións do astronauta sobre o funcionamento da nave e dos sistemas de soporte vital.[6][2]

O lanzamento da misión estaba planeado para principios de setembro, pero foi posposta dúas veces para dar máis tempo para as preparacións previas. O da Mercury-Atlas 8 foi o primeiro lanzamento retransmitido en directo á audiencia de Europa occidental, usando para elo o satélite Telstar.[6][2]

Nesta terceira misión a cápsula foi modificada para mitigar os problemas atopados nos primeiros voos: por un lado modificouse o sistema de control a reacción para desactivar os propulsores de alta potencia e poder usar os de menor potencia en modo manual e aforrar propelente; e por outro, montáronse dúas antenas adicionais para alta frecuenciaa (montadas no bloque dos retropropulsores) para axudar a manter as comunicacións ó longo do voo. Schirra describíu a súa misión como "de manual", co único problema de acomodar a temperatura correcta no seu traxe. O plan da misión incluía extensos períodos de tempo nos que a cápsula iba á deriva, sen control de actitude, para aforrar propepelente, co resultado de que ao final da misión a cápsula conservaba o 78% da provisión inicial, permitíntolle a Schirra usar o modo automático para a reentrada.[6][2]

A bordo da cápsula había catro experimentos: un experimento de visibilidade por luz, un experimento de radiación nuclear no que se usaron emulsións fotográficas para detectar raios cósmicos, un experimento de exposición de materiais ablativos á reentrada atmosférica e un experimento de fotografía da superficie terrestre.[2][6]

Sigma 7 orbitou a unha altura duns 281 km e reentrou tras seis órbitas, caendo no océano Pacífico, a 440 km ó noreste da illa de Midway e a uns 8,2 km do portaavións de recuperación, o USS Kearsarge.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "MERCURY ATLAS 8" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=433. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 "Mercury Atlas 8" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1962-052A. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  3. (PDF) Letter dated 7 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General. 11 de decembro de 1962. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1090. 
  4. "Mercury 8 (MA-8 / Mercury-Atlas 8)" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1962.html#MercuryAtlas-8. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  5. "Mercury Flight History" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sat/mercury-history.htm. Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 "Mercury MA-8" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/flights/merryma8.htm. Consultado o 22 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercury-Atlas 8

Outros artigos[editar | editar a fonte]