Mercury-Redstone 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mercury MR-3
Mercury 3.jpg
Mercury MR-3 durante o lanzamento.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento5 de maio de 1961[1][2]
Foguete portadorRedstone MRLV[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[1]
Duración da misión15 minutos e 22 segundos[1][4]
Obxectivo da misiónPrimeiro lanzamento espacial tripulado (suborbital) dos Estados Unidos de América.[1]
Decaemento5 de maio de 1961[1]
Masa955,0 kg[1][4]

Mercury-Redstone 3 ou MR-3, e tamén coñecida como Freedom 7 polo nome da cápsula, foi a primeira misión espacial tripulada dos Estados Unidos de América, levada a cabo dentro do proxecto Mercury, co astronauta Alan Shepard a bordo. Foi unha misión suborbital que tivo lugar 23 días despois do histórico voo de Iuri Gagarin.[1][4]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Os obxectivos de MR-3 foron familiarizarse coa entorna espacial nunha primeira toma de contacto, con todas as etapas (engalaxe, voo propulsado, voo en ingravidez, reentrada e aterraxe) do voo espacial, avaliar a validez do astronauta como unha parte máis das misións espaciais e a súa capacidade para tomar o control en caso necesario, estudar as reaccións psicolóxicas do astronauta ao voo espacial e recuperar intactos tanto ao astronauta como á nave.[1][4]

O lanzamento, pese a algunhas vibracións do foguete Redstone MRLV, tivo lugar sen contratempos. Trala separación da cápsula xa no espazo, Shepard probou algunhas manobras manuais. Tódolos sistemas funcionaron tal como estaba previsto. A cápsula non tiña ventás polas que mirar cara fora, pero Shepard dispoñía dun periscopio co que obter vistas dos arredores da cápsula. A velocidade máxima que alcanzou a nave foi de 8200 km/h e a súa altura máxima, 186,4 km. A cápsula amarou a 483 km de Cabo Cañaveral, a 75 graos e 53 minutos de latitude norte e 27 graos e 13,7 minutos de lonxitude norte, no océano Atlántico, sendo recuperada polo portaaeronaves USS Lake Champlain. Shepard soportou aceleracións de ata 6 g durante o lanzamento e case 12 g durante a reentrada. A duración total do voo foi de 15 minutos e 22 segundos. Permaneceu en ingravidez durante uns 5 minutos.[1][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (26 de agosto de 2014). "Mercury Redstone 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  2. Claude Lafleur (2010). "Mercury 3 (MR-3 / Mercury-Redstone 3)" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  3. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mercury Flight History" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2011). "Mercury MR-3" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]