Mercury-Atlas 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercury MA-7
Aurora 7 launch.jpg
Lanzamento da cápsula Aurora 7.
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 24 de maio de 1962, 12:45 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Atlas LV-3B[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa 14[2]
Duración da misión 4 horas, 56 minutos e 5 segundos[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada, segunda misión orbital tripulada dos Estados Unidos.[2]
Decaemento 24 de maio de 1962[1]
NSSDC ID 1962-019A
Masa 1349,5 kg[6][2]

Mercury-Atlas 7 ou MA-7, e tamén coñecida como Aurora 7 polo nome da cápsula, foi a segunda misión orbital tripulada do proxecto Mercury co astronauta Scott Carpenter a bordo. O piloto orixinal para esta misión era Donald K. Slayton, pero foi substituído por Carpenter tras detectárselle unha anomalía no ritmo cardíaco durante unha revisión médica.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Os obxectivos de MA-7 foron similares ós da MA-6: avaliar o rendemento do sistema home-nave nunha misión cunha duración de tres órbitas, estudar os efectos do voo espacial no astronauta e obter as impresións do astronauta sobre o funcionamento da nave e dos sistemas de soporte vital.[6][2]

O lanzamento da misión estaba planeado para principios de maio, pero foi posposta tres veces tras detectar varias anomalías e facer cambios na cápsula. Durante o voo o único incidente serio foi o fallo dos circuítos do sensor de horizonte que proporcionaba datos ós xiroscopios de actitude da cápsula. Houbo preocupación tamén polo excesivo consumo de propelente polo frecuente uso dos propulsores e pola activación sen querer de dous sistemas de control ó mesmo tempo, o cal foi resolto deixando que a nave vagase á deriva durante 77 minutos.[6][2]

A bordo da cápsula había dous experimentos: un globo que se inflou para medir o arrastre da atmosfera á altura da órbita e proporcionar datos mediante a visibilidade do globo desde terra, e un experimento para estudar o comportamento dos líquidos en microgravedade. A observación feita por Glenn durante a MA-6 sobre que vira vagalumes (partículas brillantes arredor da nave) ó entrar na parte da órbita iluminada polo Sol, foi feita tamén por Carpenter, que resolveu o misterio descubrindo que era xeo proveniente do sistema de control a reacción.[2][6]

Aurora 7 orbitou a unha altura duns 267 km e reentrou tras tres órbitas, caendo no océano Atlántico, a 200 km ó noreste de Puerto Rico e a uns 400 km máis lonxe do punto inicial de amerizaxe. O erro tivo lugar debido a un apuntado incorrecto dos retrofoguetes no momento do acendido para a reentrada. Carpenter foi avistado ós 39 minutos despois da amerizaxe por parte dun avión de rexoñecemente e foi recollidos 2 horas e 59 minutos despois da amerizaxe por un helicóptero do portaavións USS Intrepid. A cápsula foi recuperada seis horas máis tarde.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "MERCURY ATLAS 7" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=295. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Mercury Atlas 7" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1962-019A. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  3. (PDF) Letter dated 29 June 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General. 2 de xullo de 1962. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1101. 
  4. "Mercury 7 (MA-7 / Mercury-Atlas 7)" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1962.html#MercuryAtlas-7. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  5. "Mercury Flight History" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sat/mercury-history.htm. Consultado o 16 de setembro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "Mercury MA-7" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/flights/merryma7.htm. Consultado o 16 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercury-Atlas 7

Outros artigos[editar | editar a fonte]