Emulsión fotográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha emulsión fotográfica[1] é unha fina capa sensible á luz sobre un soporte como cristal, celulosa ou poliéster. A emulsión fotográfica é a base dunha película ou placa fotográfica.

En realidade non se trata de ningunha emulsión senón máis ben unha suspensión, unha colmatación de finos cristais sensibles á luz repartidos nunha xelatina, por tanto un xel. Porén, o termo emulsión, aínda que erróneo, quedou xeneralizado. Eses cristais sensibles á luz son coñecidos como sales ou haluros de prata.

Tras a exposición á luz os cristais suficientemente iluminados transfórmanse en prata metálica, e os demais aínda en forma de sales serán lavados (eliminados) durante o proceso de fixación quedando así a emulsión estabilizada. Este é o principio do negativo.

Aínda que os cristais de prata son sensibles á luz, non o son a toda a gama cromática senón só á de onda máis curta, é dicir ós tons azuis. Para facer unha emulsión sensible a todo o espectro electromagnético visible, recóbrense as partículas cunhas tinguiduras moleculares que captan fotóns e envíanos ós cristais.

En película de cor e diapositiva emprégase un proceso máis complexo de distintas capas de emulsións sensibles a distintas lonxitudes de onda separadas por filtros de cores. De modo que a primeira capa recibe a luz azul, debaixo atópase un filtro amarelo que permite o paso das restantes lonxitudes de ondas e a seguinte emulsión que ó non ser sensible ó vermello só recollerá os tons verdes, logo outro filtro vermello para a terceira emulsión que é sensible a esta cor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emulsión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Reilly, James M. Care and Identification of 19th-Century Photographic Prints. Eastman Kodak, Rochester, NY: 1986.