Wally Schirra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Walter M. Schirra Jr.»)
Wally Schirra
Datos persoais
Nacemento12 de marzo de 1923
LugarHackensack
Falecemento3 de maio de 2007
Actividade
MisiónsMercury-Atlas 8, Gemini 6A e Apollo 7
Tempo no espazo12,30 días
PremiosCruz de Voo Distinguido, Medalla do Aire, Harmon Trophy, Premios Emmy, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Nacional Aviación Hall of Fame, Salón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos, Aviation Hall of Fame and Museum of New Jersey, Medalla de Servizo Distinguido da NASA e Salón Espacial Internacional da Fama
editar datos en Wikidata ]

Walter Marty Schirra Jr., nado en Hackensack, Nova Jersey, o 12 de marzo de 1923 e finado o 3 de maio de 2007, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Atlas 8, Gemini 6A e Apollo 7.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Schirra graduouse na Facultade de Enxeñaría de Newark e pasou pola Academia Naval dos Estados Unidos. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1959 como un dos sete candidatos para as misións do proxecto Mercury. Participou nas misións Mercury-Atlas 8, Gemini 6A e Apollo 7, pasando un total de 12,30 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Schirra, Walter Marty Jr 'Wally'" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (5 de marzo de 2007). "Walter Schirra, 1923-2007" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]